Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Pablo Quinteiro de Radio Ordes e Henrique Sanfiz de EMUGA

Tirar aceite polo fregadeiro, contamina

Sociedade 19/02/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes pon en marcha unha nova campaña de sensibilización de reciclado de aceite usado de cociña que leva por título “Tirar aceite polo fregadeiro contamina”. A campaña consistirá en difundir a través da radio municipal diferentes mensaxes cos que se darán a coñecer os beneficios ambientais que a reciclaxe deste residuo supón, xa que, tal e como explicaron dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes, con cada litro de aceite usado xestionado evítase lanzar 1,32 kg de CO2 á atmósfera, impedindo que se contaminen, aproximadamente, 1.000 litros de auga.


Os disfraces dos nenos o martes de Entroido

5.000 euros en premios para o sábado de Piñata

Sociedade 18/02/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes organiza para o próximo sábado, “Sábado de Piñata”, un desfile e concurso de disfraces. Uns actos que darán comenzo arredor das cinco da tarde co pasarrúas polas principais rúas do pobo ata chegar ao campo da feira onde se celebrará o concurso. O prazo de inscrición para o certame estará aberto ata o próximo venres día 19. Entregaránse máis de 5.000 euros en premios aos mellores disfraces, comparsas e carrozas.


Nova imaxe da Orquestra Olympus

“Al final del camino”, último traballo da Olympus, estréase en Ordes

Sociedade 12/02/2010
  Envía a túa opinión

Coa fin de semana comeza o Entroido e o Concello de Ordes súmase á esta tradición cunha morea de actividades. Os actos arrincan oficialmente o vindeiro martes, 16 de febreiro. A alameda ordense acollerá diversos obradoiros con diferentes temáticas dirixido a todos os rapaces. Haberá cursos de globoflexia, maquillaxe, disfraces, complementos ou xogos populares. Ás 5 desta tarde na biblioteca municipal ensinarán a facer máscaras baseadas no mundo dos libros que acolle este espazo.


O alcalde de Cabanas preside o Consorcio do Camiño Inglés

Construirán en Sigüeiro un albergue para pelegríns

Sociedade 11/02/2010
  Envía a túa opinión

Os Concellos de Oroso e Ordes apostan decididamente por potenciar e dinamizar o Camiño Inglés ao seu paso pola comarca ordense. Así quedou de manifesto na reunión mantida polo Consorcio do Camiño Inglés, reunido onte no municipio coruñés de Cabanas. Os representantes de Oroso, Antonio Leira, e de Ordes, Xesús Pedreira, queren aproveitar a celebración do Ano Santo Xacobeo para atraer a máis pelegríns e promocionar os seus respectivos municipios de cara a anos vindeiros.


Logotipo de FEAFES Galicia

O Concello de Ordes bota unha man aos familiares de enfermos mentais

Sociedade 11/02/2010
  Envía a túa opinión

Baixo o título “Coñecemento da enfermidade mental e pautas para os familiares”, o Concello de Ordes, a través da concellería da Discapacidade que dirixe a concelleira Silvia Marín, e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia), organizan un curso de formación para familiares de enfermos mentais.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros