Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Os alumnos de Allariz xa poden participar no X Concurso de Arte Plástica

Sociedade 20/10/2009
  Envía a túa opinión

A Concellería de Cultura e Educación convoca, un ano máis, o Concurso de Arte Plástica enmarcado na Feira de Outono que se celebrará os días 7 e 8 de novembro. A Feira de Outono acolle, ademais da venda de produtos típicos da estación, numerosas actividades lúdicas para nenos e nenas. O certame está destinado aos alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e secundaria e xirará en torno ao outono materializado en forma de debuxo, pintura ou collage.



Man Ray foi fotógrafo da moda e do glamour

Man Ray, o artista que revolucionou a fotografía da moda

Cultura 20/10/2009
  Envía a túa opinión

Ultimos dias da exposición sobre Man Ray nas sedes de Caixanova en Pontevedra e Ourense. A mostra ofrece unha coidada selección de obras, até agora dispersas por Estados Unidos e Europa, deste gran artista americano, que revolucionou a historia da arte no século pasado. A exposición, tanto na súa sede de Pontevedra como na de Ourense, permanecerá aberta ao público, con acceso libre e gratuíto, até o próximo domingo 25 de outubro.


A rúa Emilia Pardo Bazán de Allariz pecharase ao tráfico por obras a partir do luns

Sociedade 15/10/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O tráfico e acceso de vehículos pola rúa Emilia Pardo Bazán, na súa terceira fase, no tramo comprendido entre o cruce coa Estrada de Xunqueira (na Barreira) ata a altura da Arqueta (dirección Roimelo) permanecerá prohibido debido as obras da calzada da devandita rúa desde o luns 19 ata o 31 de outubro.



Seoane recupera a través da Festa do Millo o cultivo deste cereal

Sociedade 15/10/2009
  Envía a túa opinión

A Torre de Seoane acollerá esta fin de semana a celebración da última festa etnográfica do ano, a Festa do Millo. Os veciños e veciñas de Seoane converteron os traballos relacionados co millo nesta celebración. Desde 2006, no mes de outubro, celébrase este evento que pretende manter viva na memoria de todos o proceso de cultivo deste cereal, tan importante durante moitos anos nesta Terra do Millo.



A Escola da Familias de Allariz contará cun servizo de coidado de nenos

Sociedade 14/10/2009
  Envía a túa opinión

Reflexionar sobre a familia e as súas funcións foi o obxectivo da primeira reunión da Escola de Familias que tivo lulgar hoxe pola tarde, baseándose na idea de que “os grupos familiares son diversos pero todos teñen un mesmo obxectivo, o desenvolvemento integral de cada un dos seus membros”, segundo apuntou Ana Cardoso, técnica de Igualdade, responsable da Escola de Familias. Unha das novidades máis importantes é a creación dun servizo de coidado de pequenos e pequenas “de maneira que se traballe de forma bidireccional, para que os fillos e fillas adolescentes das nais que asisten se fagan cargo dos irmáns pequenos para que todas poidan participar na Escola de Familias”.



1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros