Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

A dorna é unha das embarcacións tradicionais de Galicia

O patrimonio naútico tradicional como motor de desenvolvemento

Sociedade 16/03/2009
  Envía a túa opinión

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos participa xunto con outras entidades galegas como a Deputación da Coruña, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), a Federación Galega pola Cultura Marítima ou o Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, no proxecto europeo “Dorna” que ten por obxectivo fundamental a conservación e recuperación do patrimonio náutico tradicional das rexións da costa atlántica europea, como elemento endóxeno de desenvolvemento rural. Ademais de Galicia, forman parte dos socios deste proxecto entidades do País Vasco, así como institucións de Francia, Irlanda do Norte, Escocia e Portugal.


Cartel do 1º aniversario do Local Social Aturuxo

A A.C. Aturuxo de Boiro convida aos veciños do Barbanza ao primeiro aniversario do local social

Sociedade 13/03/2009
  Envía a túa opinión

O Local Social Aturuxo, situado na Rúa Principal, nº 118 de Boiro, celebra o sábado 21 de marzo o seu primeiro aniversario. Unha conmemoración que incluirá a partir do mediodía festa con charanga e sesión vermout na praza do Concello. Ás dúas da tarde realizarán un xantar autoxestionado e os que queiran tomar parte da comida deberán anotarse antes e pagar un prezo de 10 euros. Ás seis da tarde terá lugar unha gran xincana de xogos populares (billarda, carreiras de sacos, bolos celtas, chave...) e a medida que se vaia achegando a noite a protagonista será a música.

 

 


Aturuxo abre as fins de semana na Rúa Principal,119 de Boiro

A tortilla galega no Aturuxo de Boiro

Cultura 12/03/2009
  Envía a túa opinión

¿Cómo se prepara a tortilla galega? Os que queiran descubrir cando menos o seu sabor, aspecto e consistencia, deben acudir ao xantar aniversario do local social Aturuxo de Boiro. Para o sábado 21 anuncian nesta vila un completo programa de actividades. Queren festexar que levan un ano abertos.


A Cooperativa Ría de Arousa puxo en marcha o seu propio criadeiro de ameixas

A ameixa de Arousa e a navalla de Pontevedra eríxense como exemplos mundiais de sustentabilidade

Sociedade 04/03/2009
  Envía a túa opinión

Dous proxectos galegos son os primeiros de todo o sector pesqueiro do Estado en superar a pre-avaliación do rigoroso estándar medioambiental da Marine Stewardship Council (MSC), o certificado de sustentabilidade e bo manexo máis importante do mundo. Trátase do plan de explotación para a navalla da Ría de Pontevedra e do plan do marisqueo da ameixa da Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa.


Stand de Galicia en Girona

O mexillón de Galicia, no Fórum Gastronomic de Girona

Institucional 23/02/2009
  Envía a túa opinión

Os produtos amparados pola marca “pescadeRías, ¿de onde se non?”, posta en marcha pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para os produtos procedentes da pesca de baixura e o marisqueo, así como o Mexillón de Galicia, recoñecido pola Denominación de Orixe Protexida, foron os grandes protagonistas da segunda e a terceira xornadas do Fórum Gastronómic de Girona ´09 que deu comezo o pasado sábado e que rematará este mércores. Os cociñeiros galegos Pepe Solla e Xosé Cannas impartiron senllos talleres sobre os recursos do mar amparados por esta marca de calidade e tamén sobre o mexillón.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros