Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Quenlla morta en Santa Cristina

Aparece morta unha quenlla nunha praia en Oleiros

Sociedade 03/01/2011
  Envía a túa opinión

Unha quenlla de case dous metros apareceu morta na mañá deste luns na praia de Santa Cristina, situada en Oleiros (A Coruña). O escualo, que apareceu varado pasadas as 11.00 horas, fora avistado en días pasados nunha zona próxima.


Pilar García Negro: “A efervescencia do tecido cultural contrasta co mutismo das institucións”

Cultura 25/12/2010
  Envía a túa opinión

Conmemorar o 125 aniversario do nacemento de Castelao en 2011 será o primeiro obxectivo da Federación Galiza Cultura que veñen de constituír máis de 40 asociacións culturais galegas co propósito de combater a atomización destes colectivos e conseguir un maior impacto das súas actividades. A presidenta da Federación é a catedrática Pilar García Negro, quen en declaracións a Radiofusión destacou a “efervescencia” das pequenas organizacións culturais.


O prazo de presentación dos poemarios remata o 31 de marzo

Nova cita coa poesía en Carral

Cultura 24/12/2010
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

A Concellería de Cultura vén de presentar as bases da XIV do premio poético “Concello de Carral”. A nova edición deste certame contempla un prazo para presentar exemplares aberto ata o 31 de marzo. Poden participar os autores e autoras maiores de idade, con poemarios de máis de 400 versos escritos en lingua galega. Para esta nova convocatoria, o Concello de Carral destina 2.000 euros de premio. O premio entregarase no mes de maio, dentro dos actos das Letras Galegas en Carral, no que ademais se prevé a presentación do libro gañador da décima terceira edición do concurso, titulado “As crebas”, do que é autor Miro Villar, e que será publicado por Espiral Maior. Os responsables do premio manifestan que o concurso de Carral pretende seguir contribuíndo na difusión da poesía galega, descubrindo ou consolidando xoves valores da literatura. Agardan que na nova edición do concurso se superen os pasados niveis de participación, e se acaden máis de 50 obras a concurso. O certame está consolidado como un dos concursos literarios de maior prestixio no panorama cultural de Galicia. Prestixio que gaña ano tras ano grazas á calidade das obras presentadas e do rigor dos xurados que colaboran coa Concellería de Cultura.


Foto de arquivo

Morren dous mozos nun accidente de tráfico na Coruña

Sociedade 19/12/2010
  Envía a túa opinión

Dous mozos de 21 anos, con iniciais A.P.D. e A.E.P., faleceron esta mañá nun accidente de tráfico na A-6 ao seu paso por Cambre (A Coruña), no que resultaron feridos outros tres xoves, informou a Garda Civil de Tráfico nun comunicado.


Folga xeral en xaneiro contra o retraso na idade de xubilación

Sociedade 18/12/2010
  Envía a túa opinión

"Haberá folga xeral en xaneiro se o goberno mantén a súa intención de retrasar a xubilación obrigatoria aos 67 anos" manifestou este mediodia o secretario xeral de CCOO Ignacio Fernández Toxo. Xunto coa UXT, Comisións convocou hoxe protestas nas principais cidades contra as últimas medidas anunciadas polo executivo de Rodríguez Zapatero.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros