Envía a túa opinión
A Feira Marítima do concello de Fene comezaron xa a primeira hora da tarde coa viaxe en lancha polas rías de Ferrol e Ares. Este paseo en barco inclúe o xantar a base de productos da ría como a pescada, vieiras e mexillóns. Dende o concello consideran un éxito esta iniciativa, xa que se satisfizo o número mínimo de participantes, arredor de 50.
Envía a túa opinión
O Punto limpo do concello de ferrol recibiu máis de 10000 kg de residuos durante o mes de xullo. Unha nova marca histórica para estas instalacións, que están operativas dende o 2007. no mes de xullo déronse de alta neste servizo máis de 160 usuarios, polo que o número total de ferroláns que forman parte deste servizo ascende a case 5500.
Envía a túa opinión
Mañán cúmprense 5 anos do pasamento de Pancho Allegue, militante nacionalista e concelleiro do BNG. Tanto compañeiros de partido, como amigos queren lembralo nesta data e para iso o Bloque e Galiza Nova convocan ós veciños e veciñas a unha concentración nas proximidades do monumento que lembra a súa figura, no Parque Castelao.
Envía a túa opinión
As embarcacións tradicionais comezaron xa esta mañá a arribar ao porto de Ferrol. Ao longo de todo o dia, botes polbeiros, trincados, etcétera chegarán a Curuxeiras. O Club do Mar organiza esta XIX Xuntanza que se inaugura oficialmente mañá sábado ás 11 da mañá.
Envía a túa opinión
Eugenio R. Serrano de Casanova ( Neda 1841- Barcelona 1920) foi un nedense excepcional porque, entre outras destrecas, organizóu a primeira Exposición Universal da España, en Barcelona no 1888, despois de viaxar por todo o mundo como Comisario Regio por España en Exposicións Universais de numerosas cidades europeas. Foi capitán do exército Isabelino e logo loitou nas filas carlistas en Cataluña. Sabemos a sua biografía grazas ao libro que presentarán na sua vila natal, no concello coruñés de Neda, os seus autores: o galego Juan Prados, e o catalán, Jaume Roulón Lluís, o próximo dia 10 de setembro.