Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Manifestación en Compostela. Radiofusión

Reclaman o aborto libre e gratuito

Sociedade 09/03/2014
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Milleiros de mulleres e homes participaron en Santiago de Compostela na manifestación contra a reforma da lei do aborto. "Aborto libre e gratuito. As mulleres decidimos" foi o lema central da marcha convocada pola Plataforma en defensa do dereito ao aborto. "É contrario aos dereitos humanos prohibir que unha muller tome decisións sobre o seu propio corpo" manifestou unha das portavoces da entidade convocante Pilar Estevez, que engadiu: "queremos manifestar, contundentemente, que non imos ceder nada e que imos ir contra a contrarreforma da Lei do Aborto que quere levar a cabo Gallardón". Defendeu o marco lexislativo actual aprobado en 2010 como un "principio de acordo e consenso" na cidadanía e acusou ao ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, de "situarse fóra de contexto de todo o dereito internacional" e fronte "ás recomendacións da propia Organización Mundial da Saúde (OMS)". PSdeG PSOE, AGE e BNG respaldaron a convocatoria que se desenvolveu nun soleado día.


O 70% das persoas que sofren ictus recupéranse

Reclaman un plan de prevención do ictus

Sociedade 23/02/2014
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Os últimos datos sobre mortalidade publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) a finais de xaneiro indican que o ictus segue sendo a segunda causa de morte en España. A primeira no caso das mulleres. Ademais de matar, o ictus provoca discapacidade. É a principal causa do dano cerebral adquirido (DCA), nun 78% dos casos. Estímase que hai unhas 35.000 persoas con dano cerebral en Galicia.


Accidente de Angrois, 24 de xullo do 2013

Renfe entrega este martes un novo informe sobre a perigosidade da curva de Angrois

Sociedade 21/01/2014
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Renfe entregará este martes o informe solicitado polo xulgado que instrue as dilixencias polo accidente de tren do 24 de xullo en Santiago de Compostela. O documento terá que incluir as actas das xuntanzas nas que se examinou a denuncia do risco do tránsito ferroviario no lugar de Angrois.


Estudantes do IES Fene ( A Coruña) saindo a Italia nun viaxe de estudos

Unha lei moi contestada

Sociedade 10/10/2013
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, a LOMCE, vai ser aprobada hoxe no Congreso grazas á maioría absoluta do Partido Popular que aproveita a súa volta ao Goberno central para tirar abaixo a última reforma do Partido Socialista e impor o seu modelo para o ensino sen necesidade de chegar a acordo ningún co resto de forzas do Parlamento. Tan unilateral é esta mudanza dun dos piares esencias do Estado que xa existe un compromiso manifestos da maioría dos partidos da oposición de derrogala en canto haxa unha mudanza de cor política na Moncloa.


Portada da nova edición en inglés

The House of Troy

Sociedade 23/09/2013
  Envía a túa opinión

O Museo Casa da Troia acolle mañá a presentación dunha nova edición en inglés da novela La Casa de la Troya. Darío Villanueva, ex reitor da Universidade de Santiago e secretario da Real Academia Española, dará a súa visión deste proxecto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros