Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Fotografía: Sermos Galiza

Alcaldes e alcaldesas anuncian cambio de ciclo

Sociedade 13/06/2015
  Envía a túa opinión

As Corporacións locais constituense nesta xornada. Máis dun millón de cidadáns de Galicia cambian hoxe de alcalde. En Lugo o pleno comezou ás dez desta mañá. Lara Mëndez (PSOE) logrou a alcaldía de Lugo co apoio de BNG e Lugo Novo, tras a renuncia de José Clemente Löpez Orozco. Das sete grandes cidades, as mareas gobernan en tres (A Coruña, Santiago e Ferrol) o PSOE en dúas (Vigo e Lugo) o BNG en Pontevedra e o PP en Ourense. As eleccións de alcaldes marcan ainda máis o cambiio de ciclo político que se anunciaba nas municipais do pasado vintecatro de maio.


José López Orozco diante da Casa do Concello de Lugo

Orozco non volverá ser alcalde de Lugo

Sociedade 26/05/2015
  Envía a túa opinión

A Corporación de Lugo elexirá a un novo alcalde o sábado trece de xuño. José López Orozco non volverá a ocupar o posto de ningunha maneira. Poderá lograr o bastón de mando outro integrante da lista do PSOE ou o cabeza de lista do PP Jaime Castiñeira.


Actuación musical na Gala das Letras de AELG. Lugo 2015.

As letras galegas vestíronse de gala en Lugo

Sociedade 10/05/2015
  Envía a túa opinión

"Confío máis nas miñas traducións que nas obras propias" confesou o escritor Darío Xohan Cabana tras recibir o premio AELG 2015 pola súa tradución de A Divina Comedia de Dante Alighieri. No acto, celebrado na tarde noite de onte no Círculo das Artes de Lugo, o brasileiro Luiz Ruffato recibiu o nomeamento como Escritor Galego Universal, e confesou a súa sorpresa ao chegar a Galicia hai dez anos "xa que cría que o galego era unha lingua morta". Tamén recibiron o Premio Institucións o Colexio Profisional de Xornalistas e a Asociación de Medios en Galego.


Pinturas murais na absida de Vilar de Donas

As donas do vilar en Vilar de Donas

Sociedade 04/04/2015
  Envía a túa opinión

Ei, donas do Vilar! Erguede os finos rostros e sorride,que andan galáns de corte con soedades de vós!  Agás que prefirades vélos morrer de amor, Le temps s'en va. Le temps s'en va. mes dames! De todolos amores o voso amor escollo: Miñas donas Giocondas, en vós ollo todalas damas que foron no país, unhas brancas camelias, outras froles de lis.


O festival poético celebra a súa segunda edición

Mondoñedo faise poema cando vén o maio

Cultura 01/04/2015
  Envía a túa opinión

A nova edición do Festival Mondoñedo é Poesía encherá as rúas e outros espazos singulares do municipio lucense de recitais poético-musicais para poñer en valor a creación literaria galega e mindoniense de hoxe e de onte. Para iso contará coa participación de escritores e de músicos como Yolanda Castaño, Luz Pozo Garza, Chus Amieiro, Baldo Ramos, Eduardo Estévez, César Morán, Miro Casabella e Caxigueiro, que converterán Mondoñedo na capital galega da poesía o vindeiro día 1 de maio. Promovido polo Colectivo Mondoñedo É... e mais pola Asociación As San Lucas, co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Educación, o festival arrancará a súa segunda edición ás 18 horas, cando dará comezo un recital poético a cargo de Chus Amieiro, Conce Agrelo, Eduard del Castillo, Eduardo Estévez, Baldo Ramos e Alexandro Lago, gañador do XV Premio de Poesía Díaz Jácome. As súas voces guiarán o percorrido literario que, durante unha hora, percorrerá Mondoñedo desde a praza da Catedral ata a praza Jaime Cabot, previo paso pola praza do Concello.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros