Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Acto das Anpas Galegas en As Pontes

A Confederación de Anpas Galegas aposta polo idioma

Sociedade 05/02/2015
  Envía a túa opinión

"O vindeiro 8 de febreiro a Plataforma QUEREMOS GALEGO ten convocada unha manifestación en defensa do galego; a esa manifestación estamos convocados todos e todas, todas as ideoloxías, todos os partidos, todo aquel que non estea de acordo co trato que se lle está a dar á nosa lingua está chamado a se manifestar o próximo domingo". Con estas palabras, a Confederación ANPAS GALEGAS ven de expresar o seu apoio público a esta convocatoria, e de sumarse á mesma solicitando a todos os asociados, e ao resto da cidadanía, a súa participación activa xunto cos demais galegos e galegas que volverán a dicir que a Lingua é nosa, e que non imos permitir que nola aldraxen como o están a facer.


Os gañadores do Nobel de Medicina 2014

A UDC organiza un ciclo sobre os gañadores dos Nobel 2014

Sociedade 22/01/2015
  Envía a túa opinión

A Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña organiza un ciclo de conferencias de carácter divulgativo sobre os traballos dos gañadores dos Premios Nobel 2014. O ciclo está dirixido ao público en xeral e pretende dar a coñecer de maneira sinxela a obra das persoas que se fixeron merecedoras de tal mérito. Para isto contarase coa participación de profesores da UDC que acercarán ó coñecemento xerado a partir da Ciencia, a Tecnoloxía, a Literatura, a Economía e as Humanidades. O ciclo de conferencias comezará o 20 de febreiro e terá lugar na NORMAL, campus de Riazor, ás 19:00 horas. O acceso é libre.


Fotografía: Rocío Brage. Presentación de Herdo Novo

#Ocarallo29, a revitalización dunha expresión anticaciquil

Sociedade 22/12/2014
  Envía a túa opinión

O carallo 29 é unha expresión de rebeldia anticaciquil extendida na Galicia de comezos do século vinte. Xurdiu como resposta á manipulación electoral da dereita conservadora. Irmandade Tv e Radiofusión queren revitalizar a expresión entre os 300.000 usuarios con conta activa que a rede social Twitter ten en Galicia. Propoñen enviar cada usuario seis chios coa etiqueta #Ocarallo29 o martes 23 entre as 10 e as 11 da mañá. Ademais pretenden divulgar a súa campaña a prol dos medios audiovisuais galegos denominada Herdo Novo.


Solidaridade coa auxiliar de enfermería galega afectada polo ébola

Médicos do Mundo en Sierra Leona contra o ébola

Sociedade 28/11/2014
  Envía a túa opinión

Médicos do Mundo-España xestionará, a partir do próximo mes de decembro, un centro de tratamento contra o ébola en Moyamba, no centro de Serra Leona, ao leste da capital, que non dispón até o
momento dun recurso asistencial destas características e onde se rexistraron máis de 150 casos da enfermidade. O centro, que será co-dirixido con Doctors of the World-UK en partenariado co Ministerio de Sanidade de Serra Leona, contará con persoal sanitario do servizo de saúde británico (NHS), ademais de con persoal seleccionado desde España e persoal clínico procedente de Noruega.


Olga Chamosa recibíu o premio á mellor actriz no certame do 2013

Ela, a miña amante e a miña señora

Sociedade 14/11/2014
  Envía a túa opinión

O grupo Quemaisten Teatro de As Pontes participa o sábado en Sillobre no concurso do II Certame de Teatro de Outono, afeccioado. Trátase dunha agrupación nacida en 1999 no seo da rondalla Vila das Pontes. O sabado 15 porán en escea “ Ela, a miña amante e a miña señora” unha comedia dirixida por Xosé Bonome, onde o protagonista é Marcelo, un home casado e con dúas amantes que ten que facer filigranas para que ningunha descubra a existencia das outras.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros