Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 15 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

O seminario celébrase este xoves e venres

Así era Galicia cando Felipe V era o Borbón no trono

Sociedade 19/01/2016
  Envía a túa opinión

O monarca español Felipe VI recibe mañá mércores aos deputados e deputadas de En Marea dentro da rolda de consultas que está a manter cos representantes parlamentarios previa á formación dun Goberno. É un episodio máis na xa longa historia da relación entre a monarquía borbónica e Galicia. O Campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebración do seminario científico “Galicia e a instauración da monarquía borbónica. Poder e dinámica política”, un encontro interdisciplinar de investigadores e investigadoras que achegarán algunhas reflexións sobre a pegada que deixou na vida social e política galega a coroa borbónica dende o século XVIII coa chegada ao trono de Felipe V.


José Manuel Baltar Blanco

O comité de ética da Deputación de Ourense presenta a súa dimisión

Sociedade 26/11/2015
  Envía a túa opinión

Os catro membros que integran o Comité de Ética da Deputación de Ourense, órgano que nas últimas semanas analizou o caso do presidente da institución provincial, José Manuel Baltar, ao que unha muller acusou ante a Fiscalía por ofrecerlle un emprego a cambio de sexo, presentaron a súa dimisión. O Comité de Ética presidíao o avogado Miguel Anxo González Trigás, designado polo Colexio de Avogados de Ourense.


Pleno da Deputación de Ourense, esta mañá

A Deputación de Ourense reproba a Baltar

Sociedade 03/11/2015
  Envía a túa opinión

Os votos do PSOE, BNG e Democracia Ourensana serviron para aprobar esta mañá a moción de reprobación ao presidente da institución Jose Manuel Baltar. Os deputados do Partido Popular, que configuran a maioría, non asitiron á sesión, asegurando que non se prestan a face "política lixo".


Jose Manuel Baltar presentou en 2014 un código ético

A Deputación de Ourense debate a denuncia contra Baltar

Sociedade 03/11/2015
  Envía a túa opinión

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, participará hoxe no pleno extraordinario para dar explicacións sobre a denuncia presentada por unha muller ante a Fiscalía na que relata que o dirixente popular pediulle sexo a cambio dunha praza fixa na institución provincial. Trátase da súa reacción ao plante da oposición en bloque na sesión plenaria da pasada semana, pois tanto o PSOE como Democracia Ourensá e o BNG abandonaron o salón ante a negativa do grupo maioritario de debater unha moción sobre este asunto.


Galicia ten un 0,5 máis de pensionistas que no 2014

A pensión media en Galicia é de 751,65 euros

Sociedade 27/10/2015
  Envía a túa opinión

O número de pensións en Galicia situouse en outubro en 752.324  o que representa un incremento do 0,5% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A pensión media nesta Comunidade Autónoma é de 751,65 euros, cun crecemento do 2% en relación co mes de outubro de 2014.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros