Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Negreira

Información da emisora Novas da emisora

7 concelleiros do PP de Santiago de Compostela inhabilitados por prevaricación

O secretario e a interventora de Santiago de Compostela

Sociedade 15/03/2015
  Envía a túa opinión

 O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenou repoñer nos seus postos ao secretario e á interventora do Concello de Santiago de Compostela. O auto do máximo tribunal desestimou os incidentes de nulidade presentados polas persoas que na actualidade ocupan os postos. Gerardo Conde Roa, na súa etapa de alcalde, segundo se revela no sumario da operación Pokemon, presionou a Núñez Feijoo, para axilizar o relevo dos dous funcionarios, que poñían reticencias á renovación dun contrato con Aquagest.

 

 


O educador presenta o libro A Cidade dos Nenos

A cidade dos nenos de Francesco Tonucci

Cultura 13/03/2015
  Envía a túa opinión

O prestixioso educador e psicopedagogo italiano Francesco Tonucci presenta este venres 13 ás 13.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela o seu libro A cidade dos nenos. Na obra, traducida ao galego en Kalandraka por Mónica Baleirón, Sonia Santos e Rut Vázquez, o autor explica a posta en marcha na súa cidade natal de Fano en 1991 dun Consello Municipal da Infancia para que os máis novos puideran colaborar no deseño e na planificación dos servizos e dos espazos urbanos, unha iniciativa que logo se estendeu a moitos países, entre eles España.


María Xesús Nogueira preside a AGC

A crítica da cultura

Cultura 02/03/2015
  Envía a túa opinión

Como nos achegamos á cultura? Non sendo que fagamos as nosas escollas á toa, as máis das veces demostramos confianza nunha obra grazas a un traballo previo de reflexión, análise e intermediación entre autores e público, un traballo que desenvolven os críticos. Agora, os profesionais galegos desta disciplina que contaban cunha sección de seu no marco da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, veñen de superar os límites que marcaba só unha adscrición ao eido literario para constituír un novo marco no que teñan acubillo todos os modos da arte. Nacía en Compostela a Asociación Galega da Crítica. A súa presidenta, María Xesús Nogueira, láiase de que “o espazo que se lle concede á cultura galega nos medios convencionais é cada vez máis reducido, non digamós á crítica de produtos culturais”.


Alba María, gañadora da primeira edición do Certame de Canción de Autor en Galego

Aberta a inscrición no Certame de Canción de Autor en Galego

Sociedade 17/02/2015
  Envía a túa opinión

O prazo de inscrición na segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego do Concello de Teo continúa aberto ata o vintenove de marzo. Un EP —xunto co deseño do mesmo—, concertos e promoción destes, así como un ano de cota de socio/a de Músicos ao Vivo son algún dos premios que poderá recibir a persoa gañadora. Tamén haberá novidades nos accésits da gala final, entre outras. As bases poden consultarse premendo aquí


Nerea Barros co Goya. Fotografía: Victor Lerena

Quérovos moito, Galicia

Sociedade 08/02/2015
  Envía a túa opinión

Quérovos moito, Galicia, afirmou a actriz Nerea Barros ao subir a recoller o Premio Goya á mellor actriz revelación. O galardón ao mellor actor foi para Javier Gutiérrez, que lembrou ao xove que se foi de Ferrol con dezaoito anos e a ilusión de ser un cómico. A película "La Isla Mínima" foi a gran triunfadora da noite na que o mundo do cine volveu a reclamar a reducción do IVE cultural. A longametraxe "A Esmorga" quedouse ás portas, coa nominación ao premio ao mellor guión adaptado, polo traballo realizado arredor da novela de Eduardo Blanco Amor.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros