Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Adolfo Muiños,, alcalde de Rianxo

As singraduras en honra de Manuel Antonio

Sociedade 18/03/2015
  Envía a túa opinión

Non é a poesía de Manuel Antonio un mero xogo formal desprovisto de significación. O autor de "De catro a catro" ofrécenos a súa visión do mar, tema predominante da súa poesía. Coincidindo co aniversario este mes da publicación da obra «De catro a catro», o Concello de Rianxo réndelle homenaxe a Manuel Antonio con un cartel que inclúe literatura, música, poesía e teatro. Restan ainda tres das catro singraduras.


Adolfo Muiños e Xavier Vence diante do busto de Castelao

Castelao e a Rianxeira

Sociedade 10/01/2015
  Envía a túa opinión

"A Rianxeira" foi unha canción composta especialmente para recibir a Castelao en Bós Aires en 1947, afirmou esta mañá o alcalde de Rianxo Adolfo Muiños no transcurso dun roteiro polos lugares máis emblemáticos do casco histórico da vila, relacionados co intelectual e político do Partido Galeguista. O rexedor destacou o significado político desta música amplamente difundida en Galicia nas últimas décadas.


O Paquito II en 2006

Reanúdase a búsqueda dos mariñeiros de Boiro desaparecidos

Sociedade 17/12/2014
  Envía a túa opinión

Ás nove desta mañá, coa saida do sol, reanudáronse os labores de búsqueda desde a terra dos tres mariñeiros de Boiro desaparecidos nun barco bateeiro no dia de onte. Os desaparecidos son Germán F.T. de 52 anos, Santiago B.T. de 47 e Juan H.T. de 37, todos naturais de Boiro.


Noriega con Beiras

Podemos convida a Anova

Sociedade 13/11/2014
  Envía a túa opinión

O portavoz de Anova, Martiño Noriega, viaxa a Barcelona e Madrid para participar en diferentes actos, con Guanyem e Podemos. O portavoz de Anova viaxa a Barcelona para participar nun curso sobre dereitos sociais e en varios actos con Guanyem Barcelona. O sábado desprazarase a Madrid como convidado á Asemblea Cidadá de Podemos.


Plataforma en Defensa da Onda Curta de REE

Unha radio para manter á xente do mar conectada coa terra

Sociedade 01/11/2014
  Envía a túa opinión

Os sinais horarios de Radio Exterior de España para moitos oíntes non son só un indicativo de tempo, senón tamén de espazo, unha brúxula que marca un lugar: o seu fogar. Esta emisión, unha programación feita por Radio Nacional en seis idiomas, ademais de en castelán, galego e as demais linguas do Estado, emítise internacionalmente para sandar en moitos casos iso que se chama morriña e poñer en contacto aos que están fóa coa actualidade da súa casa. É un servizo importante sobre todo para os que traballan lonxe, cooperantes internacionais, emigrantes ou, no caso galego, as xentes do mar, que teñen así grazas á radio un cabo que os mantén preto da terra. As ondas de radio exterior viaxan grazas á Onda Curta, ou viaxaban. Porque os recortes tamén chegan á comunicación. RTVE anunciou que suprime a emisión radiofónica tradicional pola de satélite, internet e TDT, vías que dificultan a sintonización. Por iso os oíntes afectados veñen de constituír unha Plataforma en Defensa da Onda Curta de Radio Exterior de España, da que forma parte unha asociación galega, a Organización de Palangreiros Guardeses.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros