Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Pinturas murais en Vilar de Donas

O encanto de Vilar de Donas

Sociedade 02/05/2015
  Envía a túa opinión

Álvaro Cunqueiro cantou ás donas do Vilar en Vilar de Donas e quizais iso contribuia a darlle a actual igrexa un maior encanto. Pero a historia do cenobio é anterior ao actual templo.O de Palas de Rei é un dos mosteiros esquencidos de Galicia.


Toma de mostra para o cribado de doenzas conxénitas

A Xunta dá marcha atrás e manterá a proba do talón para 29 doenzas

Sociedade 08/04/2015
  Envía a túa opinión

Galicia aplicará unha análise de 29 patoloxías no diagnóstico a recén nacidos, anunciou o Sergas, despois da polémica aberta cando asociacións de pacientes e pediatras denunciaron a súa intención de reducilas a unha ducia. A decisión do Sergas responde ás suxestións dos profesionais para o "deseño do programa de cribado de metabolopatías" e prevé "manter as patoloxías que viñan cribando até agora, incluídas sete indicadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade", segundo un comunicado da Consellería de Sanidade. A pediatra Marian Rodríguez Blanco explicou a Radiofusión que "é unha cuestión de filosofía: se temos un sistema que funciona con 40 enfermidades, como se teñen que ser 50, moito mellor". Lembra que Galicia é unha comunidade pioneira nos programas de cribado nenonatal dende 1978 e que conta co CHUS como centro de referencia estatal. O problema de reducir as análises que permiten localizar de xeito precoz nos meniños as doenzas menos frecuentes "é a dificultade de diagnóstico, polo que eses pacientes terán secuelas que lles quedarán de por vida". "A familia á que lle tocan esas enfermidades ten dereito ao diagnóstico máis precoz posible", e por iso Rodríguez Blanco critica que en materia de sanidade pública "os nosos políticos teñen unha visión curtopracista".


Xemelgos en xestación

A Xunta de Galicia recortará a proba do talón

Sociedade 05/04/2015
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia afirma non ter ainda claro se serán doce ou catorce as doenzas identificadas no programa de cribado neonatal. Na actualidade incluense na denominada proba do talón corenta enfermedades. Pediatras, sindicatos e asociacións de pacientes critican os recortes planeados pola administración galega.O SERGAS nega que exista motivación económica nesta medida e alega que trata de evitar un sobrediagnóstico.


Xavier Vence, denunciou as consecuencias, nunha explotación da Sionlla

O BNG participa na tractorada de Bruxelas

Sociedade 31/03/2015
  Envía a túa opinión

O BNG participa en Bruxelas na tractorada contra o fín das cotas leiteiras sen garantías de prezos xustos para os gandeiros e gandeiras. A Comisión Europea recoñece en resposta ao Bloque que os prezos do leite en Galiza “están tradicionalmente entre os máis baixos de España”. O BNG participou na tractorada organizada esta mañá polos pequenos produtores lácteos europeos diante da Eurocámara para denunciar a falta de mecanismos que garantan un prezo xusto para os gandeiros e gandeiras, unha vez que se liberaliza o sector coa desaparición de 30 anos de sistema de cotas leiteiras que con data 1 de abril pasa a ser historia.


Arca dos Mártires de Marrocos

O Pazo de Xelmirez acolle a mostra " San Francisco e o seu tempo"

Sociedade 26/03/2015
  Envía a túa opinión

A mostra, enmarcada no VIII Centenario de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela, abrirá as súas portas o próximo venres 27 de marzo. A exposición ilustra a vida de San Francisco e os inicios da orde franciscana nunha achega ao século XIII no que se desenvolve o principal expoñente da arquitectura gótica civil en Galicia. A arca-relicario dos Mártires de Marrocos é unha das pezas máis significativas da exposición que goza coa consideración de Patrimonio Nacional de Portugal. “San Francisco e o seu tempo” converterá a Santiago de Compostela, unha vez máis, no epicentro artístico e cultural.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros