Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Chantal Akerman no 1990

Olladas de mulleres. Homenaxe a Chantal Akerman

Sociedade 07/03/2016
  Envía a túa opinión

Olladas de mulleres no mundo: Creadoras galegas de imaxe e homenaxe a Chantal Akerman, falecida no 2015.
Como xa vén sendo tradicional no mes de marzo, o Centro Galego de Artes da Imaxe en colaboración co Consello da Cultura Galega organízan o ciclo Olladas de mulleres no mundo, que este ano, ademais das sesións dedicadas a Creadoras Galegas de Imaxe, con películas de Diana Toucedo, Illa Bufarda e Xisela Franco, inclúe unha pequena homenaxe á realizadora belga Chantal Akerman (1950-2015) con dúas películas que xiran arredor da súa relación coa nai, News from Home (1977), que proxectaremos en versión restaurada, e No Home Movie (2015), a súa última longametraxe, presentada pouco antes do seu falecemento en outubro do ano pasado. O ciclo inclúe tamén a polémica Paulina, de Santiago Mitre.


O alcalde coruñés inaugurou este curso escolar no Puga Ramón

“Corazón amoratado” gaña o Concurso de guións contra a violencia de xénero.

Sociedade 29/02/2016
  Envía a túa opinión

Unha historia de violencia de xénero é a que retrata o guión “Corazón amoratado” elaborado por unha equipa do Instituto Puga Ramón da Coruña que vén de gañaro o Concurso de guións contra a violencia de xénero que vén de fallar a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Xénero da Deputación da Coruña. O xurado, destacou a orixinalidade do guión, a claridade e capacidade de xerar reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero, obxecto principal da convocatoria. O xurado decidiu outorgar unha mención honorífica ao traballo “Non á violencia de xénero” presentado polo IES Punta Candieira do Concello de Cedeira e “Unha chamada” presentado polo IES Poeta Añón do Concello de Outes.


Unha das convocatorias á manifestación

Os ecoloxistas manteñen o apoio á manifestación do sabado

Sociedade 25/02/2016
  Envía a túa opinión

Numerosas entidades ecoloxistas e naturalistas, encabezadas por ADEGA manteñen o seu apoio á convocatoria de manifestación o sabado 27 de febreiro en Compostela, na defensa do mar e contra a planificación acuícola que propugna o PP. A pesar da retirada da lei, manteñen dez razóns para a defensa das rías e pola derogación da prórroga de 60 anos a ENCE na Ría de Pontevedra.


O voceiro do BNG deixa o cargo este domingo

Xavier Vence: “Precísase unha organización amable para que quen deixou o BNG volva ao nacionalismo unido”

Institucional 25/02/2016
  Envía a túa opinión

“Ao final hai que ter claro que cando un aposta por ir nunha dirección que unha parte da organización non considera oportuna, cómpre que sexan outras persoas as que collan o temón”. Xavier Vence reflexiona así sobre o seu adeus ao cargo de voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego que deixará, logo de tres anos, na XV Asemblea da fronte que se vai desenvolver este domingo 28 de febreiro na Coruña. “Eu seguirei aí para reforzar o proxecto do nacionalismo ampliado”, engade. E arredor desa ampliación xira o seu discurso destes días. Vence explica que aprendeu unha lección: “É moi claro para min neste momento que a xente decidiu votar polo cambio nos gobernos”. Pensa Vence que o electorado compórtase “en clave máis útil ca nunca, non vota pensando en grupos que poidan facer oposición, senón por mudar gobernos”. O aínda voceiro nacionalista resolve que “o BNG ten que ofrecerse e formular propostas que signifiquen dun modo crible unha alternativa de goberno”, e recomenda facelo xa antes dos próximos comicios autonómicos. 


Ana Pontón en Radio Fene

Ana Pontón conducirá a refundación do BNG

Sociedade 21/02/2016
  Envía a túa opinión

O dereito a decidir dos galegos e das galegas será unha das pedras angulares do novo proxecto político que sairá da Coruña o vindeiro vinteoito de febreiro. Ana Pontón exercerá, con toda probabilidade, como portavoz no proceso de refundación do Bloque Nacionalista Galego. Os prazos, os ritmos e as formas decidiranse nos vindeiros meses. Pero a convocatoria de eleccións xerais anticipadas -para finais de xuño se Pedro Sánchez non logra ser investido presidente do goberno- pode trastocar todos os plans do BNG.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros