Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Obradoiro do ano pasado en Ordes

A educación de netos e netas

Sociedade 05/02/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes, a través do departamento de Educación Familiar, ten previsto celebrar unha nova edición das xornadas “A educación dos/-as netos/-as” que contaron cunha gran acollida na primeira das súas edicións celebrada o pasado mes de xaneiro.


Concerto didáctico na biblioteca de Ordes

Libros sobre o Camiño de Santiago

Cultura 03/02/2010
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes quere sumarse aos actos conmemorativos do Ano Santo Compostelano coa realización dunha mostra que terá carácter permanente no centro durante todo o ano.Trátase da mostra “Os Camiños de Santiago”, que xa están preparando as responsables da biblioteca, e que consistirá na exposición dos fondos cos que conta este centro ordense sobre esta temática, dende todo tipo de libros a material audiovisual que terán un lugar destacado dentro das instalacións.


Excursións para gozar do tempo de lecer

Aberto o prazo para as excursións do Imserso

Sociedade 02/02/2010
  Envía a túa opinión

A Oficina Integral da Discapacidade do Concello de Ordes quixo poñer en coñecemento de todos os veciños e veciñas do municipio que todavía está aberto o prazo para solicitar un turno de Turismo ou Termalismo do IMSERSO para persoas con calquera discapacidade superior a un 33%. Tal e como explicaron dende este departamento municipal, esta iniciativa está dirixida preferiblemente, a persoas cunha discapacidade a partir do 50%, maiores de 16 anos e que non disfrutaran destas viaxes o ano anterior.


A Mancomunidade de Ordes achegará o programa “Educación en Igualdade” aos veciños de toda a comarca

Sociedade 01/02/2010
  Envía a túa opinión

O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aprobou o programa de prestación de servizos especializados aos veciños e veciñas da comarca ordense, que inclúe un total de oito programas. Unha programación que este ano presenta unha novidade na prestación do programa Educación en igualdade, que se desenvolveu con éxito nos colexios dos sete concellos da comarca (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) para fomentar a igualdade de xénero.


O alcalde de Ordes xunto ao director de La Caixa e unha responsable do Centro Comarcal, ante o Planetario

Despídese o Planetario Viaxeiro

Sociedade 27/01/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes despedía esta mañá unha nova edición do Planetario Viaxeiro, facilitado pola Obra Social La Caixa, que se instalou no Centro Comarcal de Ordes e que contou coa visita de preto de 200 escolares do CEIP Castelao.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros