Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A actriz Mabel Rivera actuará en Vilalba como parte do reparto de

O proxecto “Master Class” achegarase a Vilalba o vindeiro 1 de maio

Cultura 23/04/2010
  Envía a túa opinión

O vindeiro sábado 1 de maio ás 20.30h, o auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá a representación “Master Class”, do autor norteamericano Terrence McNally. As entradas estarán á venta a partir do luns 26 na oficina de cultura de 10.00h a 15.00h e no auditorio de 18.00h a 21.00h, contando cun prezo en taquilla de 5€  e  3€ para xubilados e estudantes, e en venta anticipada contará cun prezo de 3€.


Alumnos do IES Alfredo Brañas celebran o Día Mundial da Terra en Sotavento

Sotavento celebra o Día da Terra con distintas actividades

Sociedade 23/04/2010
  Envía a túa opinión

A Fundación Sotavento Galicia participou onte,  22 de abril, con distintos actos nas nosas instalacións, nas actividades que, arredor do mundo, se realizan con motivo do Día da Terra. Ao persoal desta instalación xermadina acompañouno neste evento medio centenar de alumnos de terceiro da ESO do IES Alfredo Brañas de Carballo.


Josep Cerveró, á esquerda, explica o plan nun ateigado salón de reunións do Parador de Vilalba

A Terra Chá presenta o seu Plan para penetrar no mercado turístico

Sociedade 23/04/2010
  Envía a túa opinión

A Terra Chá xa ten unha folla de ruta que seguir para aumentar a súa explotación turística e ser un dos piares económicos da comarca, logo de que onte (22 de abril) se presentase o seu Plan de Desarrollo Turístico nun acto no Parado de Vilalba. O encargado de explicar en qué actuacións se sosterá o crecemento deste sector foi o ex director de Turismo da Generalitat e presidente do Grup Cerveró, Josep Cerveró, que estivo acompañado polo presidente e xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da comarca, David Díaz e Anxo Fernández, así como polos alcaldes das vilas de Begonte,José Antonio Vázquez;  Xermade, Tomás  Rodríguez; Cospeito, Armando Castosa; A Pastoriza, Primitivo Iglesias; Guitiriz, Regina Polín; Muras, Isaam Alnagm Azzam, e Vilalba, Gerardo Criado.


Vilalba acollerá a obra de teatro

O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá a obra “Vento Ferido”, da compañía teatral Aurín

Cultura 16/04/2010
  Envía a túa opinión

A compañía teatral Aurín representará en Vilalba a súa obra “Vento Ferido”. A data elixida é o vindeiro sábado 24 de abril ás 20.30 horas e o espazo o Auditorio Carmen Estévez. Esta actuación está organizada por FEGATEA Móvete e conta coa colaboración da directora do Centro Dramático Vilabés,  Mª Jose Lamas, así como do departamento de Cultura do Concello de Vilalba. A entrada será de balde.


O grupo londinense Eat More Cake

Eat More Cake completa o cartel do FIV

Cultura 15/04/2010
  Envía a túa opinión

O Festival Independente de Vilalba completou un novo grupo que se sumará aos xa confirmados Love of Lesbian, Estereotypo e Zentricc. Os londinenses Eat More Cake traerán a súa música electrónica á carpa fucsia do FIV o vindeiro 21 de agosto como parte dun Festival que cumprirá no 2010 a súa III edición.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros