Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

A Oficina de Turismo de Allariz bateu récords de consultas este verán

Sociedade 06/10/2009
  Envía a túa opinión

Turistas chegados de Madrid, País Vasco, Cataluña, Sevilla, Valencia, Tarifa, Cádiz e mesmo da inglesa Illa de Man foron este ano os visitantes maioritarios da Oficina de Turismo de Allariz. Segundo o seu responsable, José Manuel, as tres últimas semanas de agosto foron as máis fortes no que a turismo se refire na vila. Tamén foi considerable o índice de ocupación en hoteis e outros lugares que ofrecen aloxamento.

 


Allariz rehabilita a rúa Don Albino no proceso de recuperación do Casco Histórico

Sociedade 06/10/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz, continuando coa política de recuperación do Casco Histórico, está a acometer a rehabilitación da rúa Don Albino. A rúa lindante coa recentemente remodelada Emilia Pardo Bazán, será rehabilitada nos próximos dous meses. Cun orzamento aproximado de 80.000€ a rúa contará cun novo pavimento, substituirase o actual de aglomerado por pedra e adoquín “para configurar un entorno máis agradable para o uso dos veciños e visitantes”, segundo sinalou o alcalde Francisco García.

 

 


Benestar Social e Mocidade serán obxecto dunha nova mesa sectorial o xoves

Institucional 29/09/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz continúa co programa de actos ALLARIZ 2020, unha proposta visual e de reflexión sobre a transformación de Allariz durante os últimos 20 anos. O programa comezaba coa apertura da exposición Allariz 2020 que mostraba, a través de fotografías antigas e actuais, o cambio que experimentou Allariz nestes últimos 20 anos. Pero ademais da mostra visual “está é unha oportunidade para abrir un diálogo con entidades, asociacións, veciños e veciñas... para reflexionar sobre o pasado, o presente e sobre todo o futuro de Allariz”, segundo as palabras de Francisco García, alcalde de Allariz.

 


A Escola de Familias alaricana comeza un novo curso cunha reunión informativa

Sociedade 29/09/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha reunión informativa dará inicio ao novo curso 2009-2010 da Escola de Familias “A Orella Verde”. A partir das sete da tarde, o Fogar do Maior acollerá mañá a xuntanza co obxectivo de coñecer ás persoas interesadas en participar na Escola de Familias, unha iniciativa de intercambio educativo entre as familias, onde estas tratan temas decisivos para a educación dos seus fillos/as.



Participa no primeiro serial de RTVA

Sociedade 28/09/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz pon en marcha unha novidosa iniciativa televisiva: o primeiro serial de Radio Televisión de Allariz (RTVA). A integración de distintas áreas e departamentos do Concello de Allariz permitirá elaborar un proxecto conxunto con dous obxectivos claros “dotar de contidos a Radio Televisión de Allariz e incentivar a creación dun espazo de lecer e formación en novas tecnoloxías” segundo Patricia Blanco, dinamizadora do Concello de Allariz.

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros