Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Unha das obras que se amosan na feira

Vigo, capital da arte contemporánea

Sociedade 07/04/2011
  Envía a túa opinión

A feira de arte Espacio Atlántico converte a Vigo, dende esta xornada e até o domingo, en capital da arte contemporánea. Máis de 40 galerías de distintos puntos da península, unha sección dedicada ao debuxo contemporáneo, unha nova liña de difusión cultural e unha homenaxe a Manolo Paz cunha mostra propia no porto olívico son algúns dos seus contidos. Pero se algo é diferente a outros anos é a pouca representación portuguesa, un síntoma máis dos problemas á outra beira do Miño.


Manuel Santomé reclama o pago das cantidades adebedadas

Empresario de Moaña empoleirase nun guindastre para denunciar impagos

Sociedade 05/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Empoleirado a decenas de metros sobre o chan e animado pola desesperación, o empresario Manuel Santomé berrou as súas queixas contra o estaleiro Factoría Naval de Marín, dende o alto dun guindastre situado no peirao da vila pontevedresa. Portaba unha pancarta na que se podía ler: "Factoría Naval, rouba, a Xunta consente". Tras 10 horas subido ao guindastre, Santomé depuxo a súa actitude ao recibir unha chamada do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).


Fotografía arquivo

Denuncian neglixencia da Xunta na propagación do verme que seca os piñeiros

Sociedade 05/04/2011
  Envía a túa opinión

O nematodo do piñeiro viaxou ao Norte de Galicia pola falta de control na manipulación da madeira tallada para evitar a propagación do verme microscópico que seca as árbores. Denunciouno en sede parlamentaria o deputado do BNG, Henrique Viéitez, para quen a Xunta non está a vixiar da maneira debida as cortas feitas na área de Salvaterra-As Neves, na provincia de Pontevedra, onde se localizou a presenza da praga procedente de Portugal.


Na súa última obra, o historiador aborda a evolución do asociacionismo mariñeiro

Dionisio Pereira: “As evasións por mar durante a Guerra Civil foron un fenómeno propiamente galego”

Sociedade 03/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Durante a Guerra Civil organizáronse nalgúns portos galegos redes clandestinas para a evacuar a aqueles ameazados polo triunfo do golpe de Estado. Cóntao en Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) o historiador Dionisio Pereira, quen contabilizou máis de 75 fugas, nas que estiveron implicadas uns 80 barcos e arredor de 800 persoas. Segundo explicou nos micrófonos de Radiofusión, estas evasións marítimas constitúen un fenómeno propio do litoral galego, que non se produciu noutras zonas do Estado.


Poentillón en Moaña

A “Neve” de Lucía Novás en Moaña

Cultura 02/04/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Lucía Novás elimina os verbos e transmite sensacións a través da acumulación de palabras. O xurado do Johán Carballeira destacou o rico léxico e a nova perspectiva da poesía paisaxística.O venres 8 de abril presenta o seu poemario "Neve" na Libraría O Pontillón de Moaña. O libro logrou no pasado mes de xaneiro o XIII premio de poesía Johán Carballeira. Intervirá no acto a profesora de galego Asunción Sóñora.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros