Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Francisco Caamaño prometerá o cargo mañá ás 10,30 da mañá

O novo ministro de Xustiza é de Cee

Institucional 23/02/2009
  Envía a túa opinión

O presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero confirmou este mediodia o nome de Francisco Caamaño Domínguez (Cee, A Coruña, 1963) como novo titular do departamento de Xustiza. Era secretario de Estado de Relacións coas Cortes.


A Xunta pretende seducir visitantes en toda a Península

Galicia pode recibir 9 millóns de visitantes no Xacobeo 2010

Sociedade 04/02/2009
  Envía a túa opinión

8 ou 9 millóns de visitantes pode recibir Galicia no Xacobeo 2010. O esforzo da Xunta de Galicia debe dirixirse a ordenar esa chegada para que os efectos positivos e a xeneración de riqueza se perciban en toda a comunidade, segundo o director xeral de Turismo Rubén Lois González.


Manolo Chazo, de Vilagarcía, expón en Madrid

Cultura 27/01/2009
  Envía a túa opinión

A exposición dos relevos en madeira de Manolo Chazo poderá visitarse ata o venres 30 de xaneiro na Casa de Galicia en Madrid. Coñecedor da sabedoría do seu avó como ebanista, a obra de Manolo Chazo está provista dunha palpitación poética cargada dunha experiencia sensual. Chazo nace en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, en 1957.


O acto inclúe unha ofrenda floral diante do busto de Castelao en Rianxo

Dores Torrado “Castelao é un referente do nacionalismo galego, un home adiantado ao seu tempo“

Institucional 07/01/2009
  Envía a túa opinión

O BNG rende homenaxe a Castelao no seu 60 cabodano. Os nacionalistas tributan e homanexean a esta figura, buque insignia do nacionalismo galego, no seu pobo natal, Rianxo. Ás 12 do mediodía comeza o acto político na Praza Maior da localidade no que intervirán a voceiro do grupo municipal do BNG, Adelina Ces e o portavoz nacional, Guillerme Vázquez. Levarase a cabo unha ofrenda floral perante o busto de Castelao, no Paseo da Ribeira.


Cúmprense 59 anos da morte de Castelao

Cultura 06/01/2009
  Envía a túa opinión

Mañá 7 de xaneiro hai 59 anos que morreu no exilio en Argentina, o dirixente do Partido Galeguista Alfonso Daniel Rodriguez Castelao. O vicepresidente da Xunta e voceiro nacional do BNG Anxo Quintana acudirá a Rianxo onde participará nun acto público na Casa da Cultura ás 10,45, para logo depositar unha ofrenda floral no busto ao político galeguista situado no peirao da localidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros