Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Folga xeral en xaneiro contra o retraso na idade de xubilación

Sociedade 18/12/2010
  Envía a túa opinión

"Haberá folga xeral en xaneiro se o goberno mantén a súa intención de retrasar a xubilación obrigatoria aos 67 anos" manifestou este mediodia o secretario xeral de CCOO Ignacio Fernández Toxo. Xunto coa UXT, Comisións convocou hoxe protestas nas principais cidades contra as últimas medidas anunciadas polo executivo de Rodríguez Zapatero.


Obra do pintor coruñés

A pintura de Branda en Culleredo

Cultura 14/12/2010
  Envía a túa opinión

Este venres 17 de decembro, ás 20:30 do serán,  terá lugar a inauguración da exposición de pintura do artista coruñés Branda, na Sala de Exposicións "Xosé Rey Lago" dos Muíños de Acea de Ama (O Burgo - Culleredo). A mostra permanecerá aberta ao público até o 15 de xaneiro do 2011, en horario de luns a venres de 18.00 a 21.00 h, e de sábados de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.  


Isidro Parga Pondal

Isidro Parga Pondal, o científico da terra

Cultura 07/12/2010
  Envía a túa opinión

Elaborou o primeiro texto científico en lingua galega. Parga Pondal nace o 17 de Decembro de 1900 en Laxe. En 1914 morre o seu pai, polo que vai ser o seu avó, Don Isidro Pondal Abente (irmán do poeta Eduardo Pondal), o que inflúa decididamente na súa vocación pola química. Un monolito lembra o seu nome e a súa obra no Paseo das Ciencias, no parque de Santa Margarida na Coruña.


Luar Na Lubre publica o seu novo traballo “Solsticio”

Luar na Lubre publica o seu novo disco “Solsticio”

Institucional 05/12/2010
  Envía a túa opinión

Sons acústicos, cambios de ritmo que pasan do romanticismo ao baile, elementos poéticos, lendas e metáforas. Todo iso atópase en “Solsticio”, o novo traballo de Luar Na Lubre. Este disco supón unha volta á orixe e un paso máis na traxectoria desta formación que paseou Galicia or 26 países dos cinco continentes.


As compañias aéreas cancelan todas as operacións en Galicia ata o domingo

Sociedade 04/12/2010
  Envía a túa opinión

Indignación, impotencia e desánimo. Son as sensacións máis frecuentes experimentadas pola multitude de cidadáns que esta mañá se achegou a calquera dos aeroportos galegos. A folga de controladores empuxou ás compañias aéreas a anunciar este mediodia a cancelación de todas as operacións previstas até mañá domingo ás 10 da mañá.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros