Envía a túa opinión
OuTonalidades é o nome do "circuíto de música ao vivo" que se fai en Portugal dende hai anos. Por un acordo de intercambio entre Galiza e Portugal, co apoio do AGADIC (Consellería de Cultura) e Clubtura (Asociación galega de salas de música ao vivo) moitos grupos portugueses virán as salas galegas e outras bandas galegas actuarán en locais de Portugal. Este é o caso do grupo lisboeta de folk "Uxu Kalhus" que actúa mañá sábado, ás once da noite na Sala Run Rum de Ferrol.
Envía a túa opinión
250 quilogramos de carne de poldro cociñará mañá sábado a Asociación Veciñal de Magalofes. Cada ano rexistran máis asistencia a esta degustación gratuita. Serviránse dous turnos ás nove e as dez e media da noite.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
O paso elevado do tren no lugar da Torre, a Estación de Perlío, substituirase por un paso subterráneo, e o paso a nivel da zona do Cruceiro eliminarase coa construción dun paso elevado. As actuacións, que se completarán cun sistema de peche perimetral para o treito de 460 metros que completa o tren pola zona urbana de fen, resolveranse no ano 2010 con cargo de 600.000 euros nas contas do Ministerio de Fomento. Anunciouno así o delegadoo do Goberno en Galicia, Antón Louro, durante a súa visita oficial desta mañá ao Concello de Fene, na que estivo acompañado polo subdelegado José Manuel Pose.
Envía a túa opinión
Esta é a pregunta que plantexamos esta semana no espazo “Falemos de sexo” de Radiofusión. Segundo a psicóloga do Centro Quérote de Ferrol, “a seducción é unha habilidade persoal, un exercizo de enxeño e imaxinación, ademais dunha práctica de empatía coa persoa coa que se pretende mocear”.
Envía a túa opinión
Coa presentación dos poemarios “Mariñanas” e “Cantigas da lembranza”, de Don Xosé María Pérez Parallé, comezarán o vindeiro venres, 20 de novembro, as xornadas culturais organizadas co gallo da entrega do XXII Premio de Poesía Pérez Parallé, convocado polo CMI de Fene. Un ano máis as actividades repártense en dúas xornadas.