Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

A Mancomunidade de Ordes achegará o programa “Educación en Igualdade” aos veciños de toda a comarca

Sociedade 01/02/2010
  Envía a túa opinión

O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aprobou o programa de prestación de servizos especializados aos veciños e veciñas da comarca ordense, que inclúe un total de oito programas. Unha programación que este ano presenta unha novidade na prestación do programa Educación en igualdade, que se desenvolveu con éxito nos colexios dos sete concellos da comarca (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) para fomentar a igualdade de xénero.


O alcalde de Ordes xunto ao director de La Caixa e unha responsable do Centro Comarcal, ante o Planetario

Despídese o Planetario Viaxeiro

Sociedade 27/01/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes despedía esta mañá unha nova edición do Planetario Viaxeiro, facilitado pola Obra Social La Caixa, que se instalou no Centro Comarcal de Ordes e que contou coa visita de preto de 200 escolares do CEIP Castelao.


Sesión plenaria en Ordes esta mañá

Melloras na estrada de Ordes a Cerceda

Sociedade 26/01/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, anunciou no pleno celebrado esta mañá, a sinatura dun convenio coa Xunta para a redacción do proxecto de mellora da estrada Ordes- Cerceda. Un convenio que suporá 150.000 euros para a redacción do proxecto, da que explicou, próximamente se sacarán as bases para o concurso e así poder elaborar o proxecto e remitilo á Xunta o antes posible.


Entroido do 2009

Ordes quer dicir Entroido

Institucional 22/01/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar un ano máis unha gran festa de Entroido. Así dende os departamentos de Cultura e Deporte e de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións, están preparando un amplo programa de actividades tanto para pequenos como para maiores. Os actos con motivo do Entroido darán comenzo o martes 16 de febreiro coa celebración da “Tarde de Entroidada”.


Planetario viaxeiro

Os escolares de Ordes achéganse á astronomía

Sociedade 21/01/2010
  Envía a túa opinión

Máis dun centenar de alumnos e alumnas do CEIP Castelao participaron esta mañá nunha nova edición do Planetario Viaxeiro, instalado no Centro Comarcal de Ordes. O planetario completouse tamén con talleres astronómicos e ambientais que nesta ocasión correron a cargo dos técnicos do proxecto Climántica promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros