Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Paisaxe da Baixa Limia

O SLG solicita unha mesa de negociación sobre a declaración de zona Z.E.P.A. na Comarca da Limia

Sociedade 13/09/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego ante a declaración de Zona de Especial Protección de Aves na Comarca da Limia, convoca aos membros da plataforma para solicitar unha reunión da Mesa de Negociación.  Tras a celebración do Consello Comarcal, o SLG, ante situación de descoñecemento do proxecto presentado ante Bruxelas, demanda coñecer polo miudo en qué consiste o plan presentado por parte da Consellaría.


Cartaz da feira

O macramé e os traxes populares, novidades da VII Edición da Feira de Artesanía Arte de Man de Allariz

Sociedade 09/09/2009
  Envía a túa opinión

O casco histórico de Allariz acolle este vindeiro domingo 13 de setembro a VII Edición da Feira de Artesanía. Participarán 23 artesáns chegados dende toda Galicia, dos que 7 son da localidade alaricana, que durante todo o domingo terán expostos xoias, feltro, forxa artística, madeira, coiro, pintura ou vidro.


As canteiras galegas producen máis da metade da lousa que consume no mundo

O sector da lousa negocia coa Xunta o levantamento das restricións do uso deste material en cubertas

Sociedade 05/09/2009
  Envía a túa opinión

Máis da metade das cubertas de lousa que se colocan no mundo proceden das canteiras da nosa comunidade e, a partir de agora, van estar amparadas baixo a marca Lousa de Galicia-España. Esta medida forma parte do plan de marketing global que acordaron entre a Consellería de Economía e a Asociación Galega de Pizarristas. A Xunta destinará preto de 600.000 euros a apoiar a promoción deste produto e comprometeuse a regularizar o sector. Máis difícil semella a consecución doutra das principais reivindicacións dos empresarios do ramo. Solicitan que desaparezan as restricións á utilización deste material que inclúen numerosos plans urbanísticos, algo que non depende exclusivamente do Goberno autonómico, senón tamén dos concellos.


Amendoados

A bica da Pobra de Trives e a tarta típica de Mondoñedo protagonizan a Feira do Doce, Amendoado e Melindre

Sociedade 02/09/2009
  Envía a túa opinión

A XIV edición da Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz desenvolverase ao longo desta fin de semana, 5 e 6 de setembro, no Paseo da Alameda. Os convidados deste ano son Pobra de Trives coa súa bica tradicional, Mondoñedo coa súa tarta típica e a empresa Meigas Fóra cunha variedade de licores galegos, xunto cos convidados de Cantabria, León e Melide e os reposteiros locais ofrecerán os produtos artesanais típicos de cada zona.




Imaxe de Laura Alonso

Atopan o corpo sen vida de Laura Alonso

Sociedade 29/08/2009
  Envía a túa opinión

Laura Alonso, a moza de 19 anos desaparecida na madrugada do pasado luns tras saír cos seus amigos, foi atopada morta esta tarde na localidade de Toén (Ourense). O corpo sen vida de Laura Alonso foi achado ás 18.30 horas, segundo fontes da Subdelegación do Goberno. O cadáver atopábase na zona na que fora achada a chaqueta da moza, nun cortalumes situado a escasos quilómetros da súa vivenda.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros