Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz

Educar en igualdade

Sociedade 25/11/2010
  Envía a túa opinión

Baixo o lema 'Nin heroes, nin heroínas, nin príncipes azuis, na loita contra a violencia de xénero necesitámoste' a Cruz Vermella conmemora este 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller iniciando así a súa campaña ‘Posiciónate!’. Un proxecto para educar en igualdade, sensibilizar e promover a reflexión entre a sociedade.


Fachada da Domus na Coruña

Que non che mintan, princesa

Cultura 22/11/2010
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

Un orixinal espectáculo lumínico decorará este martes a fachada da Domus na Coruña. Trátase dunha iniciativa para conmemorar o Dia Internacional contra a Violencia de Xénero. As proxeccións prolongaránse ata o venres.


A chuvia apareceu ao remate da marcha na Praza da Quintana

25.000 persoas esixen dar marcha atrás na política sanitaria da Xunta

Sociedade 21/11/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

25.000 persoas, segundo a organización, manifestáronse este domingo en Santiago de Compostela para protestar polo deterioro do sistema sanitario e expresar a súa protesta polo que califican como "política privatizadora" da Xunta de Galicia. Reclamaron que se dea "marcha atrás" nesas intencións para "evitar a quebra económica do sistema sanitario".  "Sanidade pública e de calidade, agora e sempre" rezaba a pancarta que encabezou o acto reivindicativo. A manifestación rematou na Praza da Quintana reiterando o rexeitamento do finanzamento público-privado para as infraestruturas sanitarias.


O mal tempo adiantou a chegada da noite. O ocaso produciuse ás 18,05 h.

O temporal tira un muro e fire a unha muller na Coruña

Sociedade 20/11/2010
  Envía a túa opinión

O temporal deixa xa un ferido leve na Coruña. Trátase dunha muller á que caeu encima parte do muro de ladrillo da fachada dun baixo na rúa Fraternidade, no Vioño. Ao parecer, o vento puido provocar unha bolsa de aire no interior do local, causando a caída da parede cara á rúa. A policía acordoou a zona e a muller foi trasladada a un centro hospitalario. Os fortes ventos e choivas deixáronse sentir entre as 6 e 9 da mañá e de 18 horas en adiante.


A ampliación repercutirá na ría do Burgo, afirman os ecoloxistas

Admitida a trámite a denuncia contra a ampliación de Alvedro

Sociedade 16/11/2010
  Envía a túa opinión

A Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia admitiu a trámite a denuncia presentada pola organización ecoloxista Adega, a Asociación Veciñal O Noso Burgo e a Confraría de Pescadores da Coruña contra a ampliación da pista do Aeroporto de Alvedro, segundo informaron, en rolda de prensa, os seus responsables.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros