Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz da Asociación Arraianos

Xa se acabou o baile, o baile dos escravos

Sociedade 29/08/2009
  Envía a túa opinión

Xa se acabou o baile, /o baile dos escravos, / a danza farrapeira / dos pobos derrotados. / Xa se acabou o baile. / Agora non bailamos / nin o ailalalelo, / nin o ailalalo, / que bailamos a danza / dos pobos levantados.
Son versos de Celso Emilio Ferreiro, poeta que hoxe se lembrará na vila de Celanova (Ourense). Mañá cúmprense os 30 anos dende a súa morte.


O Pintor Ismael Loperena mostra a súa obra en Allariz

Cultura 28/08/2009
  Envía a túa opinión

A Sala de Exposicións A Fábrica acolle, desde o 31 de agosto e ata o 27 de setembro, a exposición do pintor navarro Ismael Loperena. O 31 de agosto será a inauguración e desde o sábado 4 poderase visitar a colección en horario de inverno os fins de semana e festivos, pola mañá de 12:00 h a 14:00 h e pola tarde de 17:00 h a 19:00 h.


En Alongos atopouse o coche e o móbil da rapaza

Familiares, veciños e a Garda Civil buscan en Toén a unha moza de 19 anos desaparecida

Sociedade 26/08/2009
  Envía a túa opinión

Un dispositivo de ao redor de 60 persoas tratan de localizar a unha moza de 19 anos de idade, veciña da localidade ourensá de Toén, que falta do seu domicilio desde a madrugada do pasado domingo. Trátase de Laura Alonso, unha moza que saíu o sábado pola noite do domicilio dos seus pais, situado na poboación de Xestosa e ao que non regresou. De momento só conseguiron atopar o seu coche e o seu teléfono móbil.





Celso Emilio Ferreiro

Celanova ordena o mundo, 30 anos sen Celso Emilio

Cultura 26/08/2009
  Envía a túa opinión

Naquel val de Celanova no que se diseminan mil aldeas e lugares habitados, que é unha gloria ver coas súas luciñas, de noite, coma un segundo firmamento, desde o mirador da Alameda, fíxose Celso Emilio. Fíxose alí, naquel recuncho sen fondo de memoria e de reminiscencia, e alí deprendeu a amar a Historia e a Natureza.


Emir kusturica & No Smoking Orchestra

A un mes do Reperkusión os organizadores lembran que quedan catro días para mercar os bonos

Cultura 19/08/2009
  Envía a túa opinión

Ata o domingo 23 pódense adquirir os bonos de dous días para o Reperkusión 2009 ao prezo reducido de 30 euros e 22,50 si se merca ca tarxeta Netclub. A partires do luns 24 pasarán a custar 35 euros e 26,25 coa tarxeta NetClub.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros