Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 15 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Fotografía arquivo

Denuncian neglixencia da Xunta na propagación do verme que seca os piñeiros

Sociedade 05/04/2011
  Envía a túa opinión

O nematodo do piñeiro viaxou ao Norte de Galicia pola falta de control na manipulación da madeira tallada para evitar a propagación do verme microscópico que seca as árbores. Denunciouno en sede parlamentaria o deputado do BNG, Henrique Viéitez, para quen a Xunta non está a vixiar da maneira debida as cortas feitas na área de Salvaterra-As Neves, na provincia de Pontevedra, onde se localizou a presenza da praga procedente de Portugal.


Na súa última obra, o historiador aborda a evolución do asociacionismo mariñeiro

Dionisio Pereira: “As evasións por mar durante a Guerra Civil foron un fenómeno propiamente galego”

Sociedade 03/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Durante a Guerra Civil organizáronse nalgúns portos galegos redes clandestinas para a evacuar a aqueles ameazados polo triunfo do golpe de Estado. Cóntao en Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) o historiador Dionisio Pereira, quen contabilizou máis de 75 fugas, nas que estiveron implicadas uns 80 barcos e arredor de 800 persoas. Segundo explicou nos micrófonos de Radiofusión, estas evasións marítimas constitúen un fenómeno propio do litoral galego, que non se produciu noutras zonas do Estado.


Poentillón en Moaña

A “Neve” de Lucía Novás en Moaña

Cultura 02/04/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Lucía Novás elimina os verbos e transmite sensacións a través da acumulación de palabras. O xurado do Johán Carballeira destacou o rico léxico e a nova perspectiva da poesía paisaxística.O venres 8 de abril presenta o seu poemario "Neve" na Libraría O Pontillón de Moaña. O libro logrou no pasado mes de xaneiro o XIII premio de poesía Johán Carballeira. Intervirá no acto a profesora de galego Asunción Sóñora.


O equino coas pexas

Libera denuncia a presenza doutro cabalo con cepo en Domaio (Moaña)

Sociedade 31/03/2011
  Envía a túa opinión

A Asociación Animalista Libera engadiu un cabalo máis á lista de denuncias que trasladará á Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra por casos de maltrato animal. Nesta ocasión, o colectivo recibiu unha fotografía que amosa un novo artiluxio, composto por dúas cordas entrenzadas e gomas de cor verde, que servirían para disimular o sistema coa herba. Para os animalistas, este sistema busca dificultar a realización de fotografías e comprobar se os équidos teñen cepos ou non.


Eva Hache, Nacho Vigalondo ou Julián Hernández son algúns dos participantes

Expertos en redes sociais debaten na Illa de San Simón sobre as novas formas de comunicar

Sociedade 30/03/2011
  Envía a túa opinión

Baixo o epígrafe Como comunicamos?, a Illa de San Simón acolle desde esta tarde o encontro #NeThinking. No arquipélago da ría de Vigo reuniranse expertos en redes sociais e contidos multimedia, así como persoeiros públicos que conseguiron gran seguimento do seu twitter ou das súas bitácoras persoais. Segundo os seus promotores, o obxectivo do evento é “conversar sobre os novos modos de comunicar na era internet, analizar o presente e tratar de intuír que é o que nos depara o futuro nesta permanente revolución”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros