Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

A problemática afecta gravemento á xuventude

Aniceto González: “Precísase a integración do alcoholismo na sanidade pública”

Sociedade 15/11/2010
  Envía a túa opinión

A consideración do alcoholismo como unha doenza que se integre no Servizo Galego de Saúde. Esta é a principal reivindicación neste 15 de Novembro, Día Mundial sen Alcohol. “8 millóns de persoas en todo o mundo son alcohólicas e non se poden tratar como pacientes de segunda clase e deben ser tratados na sanidade pública e non remitilos a redes paralelas como ONG’s ou centros privados”, declarou en Radiofusión o psicólogo da Asociación de Ex Alcohólicos de A Coruña, Aniceto González.


Fomento licita a ampliación de Alvedro por 82 millóns de euros

Sociedade 11/11/2010
  Envía a túa opinión

O Ministerio de Fomento, a través de Aena, licitou por 82 millóns de euros as obras e a asistencia para os traballos de ampliación da pista de voos do Aeroporto da Coruña, segundo publica na súa edición deste xoves o Boletín Oficial do Estado. O orzamento de licitación destas obras é de 82 millóns de euros (IVE incluído) e, incluído o custo estimado para as expropiacións e outras actuacións, Fomento resaltou que o investimento total ascenderá a uns 120 millóns de euros. A ampliación xenerou una considerable oposición no concello de Culleredo.


Estación de Betanzos- Infesta

Descarrila un tren con mercadorías perigosas en Betanzos

Sociedade 10/11/2010
  Envía a túa opinión

Un tren de mercadorías perigosas descarrilou pasadas as 6,30 desta tarde por causas que se están investigando en Infesta, Betanzos. O convoi, que cubría o traxecto entre Teixeiro e A Coruña, transportaba seis cisternas de bioetanol que non sufriron danos, polo que non hai risco de contaminación, segundo informa o 112.


A forza do mar esta tarde na Coruña

Un falecido e un desaparecido nun temporal que diminúe

Sociedade 09/11/2010
  Envía a túa opinión

A alerta vermella no mar deixa panos negros. Un falecido e un desaparecido é o balance de danos persoais da segunda xornada de temporal cuxos efectos aínda se deixarán sentir nas próximas horas, se ben o prognóstico sinala que a súa intensidade irá diminuíndo. As ondas, que chegaron a superar os dez metros de altura, e os ventos, que volveron zoar no litoral a máis de 100 quilómetros por hora, provocaron importantes estragos nas fachadas marítimas de vilas pesqueiras do Ortegal e A Mariña lucense.


O mar tirou parte da balaustrada do paseo marítimo da Coruña

O temporal azouta a costa da Coruña e Lugo

Sociedade 09/11/2010
  Envía a túa opinión

Entre as 5,30 e as 6 desta mañá o vento soplou coincidindo coa pleamar (5,45h.) nas zonas costeiras das provincias da Coruña e Lugo. O mar petou con forza e derrubou arredor de 100 metros do paseo marítimo da Coruña, e provocou tamén destrozos en San Cibrao (Cervo Lugo). En Cariño o mar levou aparellos e derrubou farolas e bancos no paseo marítimo. Un pescador foi dado por desaparecido na zona de Baldaio en Carballo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros