Envía a túa opinión
O espectáculo de danza contemporánea, a performance “1ª Party” a cargo de Cristina Montero, convertirá este serán o escenario do Jofre nun espazo de festa. Nela haberá música e bebida e poderase bailar, beber, falar, observar... simplemente desfrutar. Esta actuación enmárcase no ciclo “Dentro da caixa escénica”.
Envía a túa opinión
O sector naval é prioritario para o Bloque Nacionalista Galego para o deputado Francisco Jorquera. O parlamentario censurou esta mañá en Ferrol a escasa dotación orzamentaria para modernizar a liña ferroviaria coa Coruña e para o tren ao porto exterior. Censurou que non se teña investido a partida destinada a modernizar a via dende a estación deica a ponte das Cabras.
Envía a túa opinión
Somos moi reduccionistas no sexo, afirmou o traballador social do Centro Quérote de Ferrol Alfredo Saborido. Pero pola contra, cando falamos de sexo estamos a falar de diversidade.
Envía a túa opinión
Teatro do Atlántico escolle Narón para estrear o seu último traballo artístico, O xogo de Yalta. Afterplay, que se porá en escena durante dous días seguidos, este venres e o sábado. Dirixidos por Xulio Lago e acompañados ao piano por Xavier Constenla, dan vida ás persoaxes Vitoria Pérez, Damián Contreras, María Barcala, Gonzalo M. Uriarte.
Envía a túa opinión
O V Encontro Internacional de micoloxía do Arco Atlántico, que se celebrará no recinto feiral de Punta Arnela comeza este venres 9 de outubro. O programa de actividades desenvólvese dende este venres ata o luns 12 de outubro en FIMO. O foro organízase pola Asociación Micolóxica Viriato e polo Consorcio Pro Feiras e Exposicións de Ferrol co patrocinio do Concello e da Deputación Provincial da Coruña. Paralelamente, celébrase en FIMO dende o pasado día 1 a XXII Semana Micolóxica de Ferrol que patrocina tamén o Concello.