Envía a túa opinión
A Feira Franca de Fene pechou as súas portas na noite de onte, cun completo éxito de visitantes. Ao longo dos tres dias numerosos cidadáns de Fene e da comarca achegáronse á Praza do Concello para visitar os máis de 50 postos abertos na zona. Gozaron de especial afluencia os xogos para rapaces e rapazas.
Envía a túa opinión
A polifonía das voces da coral de Navalmoral de la Mata (Cáceres) convenceu ao público asistente ao Festival de música celebrado o sábado 26 de setembro do 2009 nos locais da Asociación O Pote de Maniños (Fene A Coruña). As armonías logradas pola dirección de Juan Luís Manchado arrancaron os aplausos dos asistentes, gustando especialmente unha fermosa versión dos Cantares de Antonio Machado.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Co meu pincel entón a paisaxe, a luz, a viveza daquelas paraxes coas que quédome no recordo, dando forma a unha realidade entendo o amecer das barcas, o romper das ondas, ou o baile das árbores acaricidas polo vento ... Así define a súa labor a pintora fenesa Beatriz Seijo que ven de acadar o segundo premio no IV Certame de pintura rápida en explotacións mineiras de Galicia 2009. Un concurso que contou con 54 participantes, un dato que amosa a gran calidade da artista fenesa. A moza que cursou estudos superiores de Belas Artes na Universidade de Salamanca, ten as súas costas unha longa traxectoria pictórica e de recoñecementos a súa obra.
Envía a túa opinión
“Crónicas nedenses y otros temas” son unha compilación de estudos e artigos realizados polo cronista oficial do concello, Antonio Vázquez Rei. Unha obra indispensable para coñecer a ampla labor deste historiador. Antonio Vázquez Rey foi un nomeado cronista de Neda e realizou traballos sobre ese concello e os municipios da comarca desde o ano 32. Era un home que sentía interese pola cultura. Así o describiu a historiadora María José López Pérez. O que lle interesaba a Antonio Vázquez era a pequena historia, as historias da xente. Todo iso foi o que recopilou María José no libro Crónicas nedenses.
Envía a túa opinión
Un percorrido xeográfico-sentimental do puntal por parte do escritor e xornalista nedense e fillo predilecto do concello, Vicente Araguas centrará o colofón das festas da Merced . Araguas amósase satisfeito coa orixinal iniciativa da organización dos festexos de facer un colofón en vez do típico pregón. Colofón, unha palabra que segundo o escritor, enche a boca só de pronuncialo.