Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O Senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza

O BNG manifesta a súa preocupación pola negativa do Goberno a crear un gasóleo profesional agrario

Sociedade 12/04/2010
  Envía a túa opinión

O goberno descartou implantar un gasóleo profesional agrario, segundo estableceu no Senado ao contestar a unha pregunta do senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza. Esta medida era unha vella reclamación das organizacións agrarias, que o goberno incluíu no acordo asinado o 7 de decembro de 2005 e que o executivo se comprometía a implantar a partir do ano 2009.


Begonte contará cunha axuda do Fondo Especial de Financiamento a favor dos municipios con poboación non superior a 20.000 habitantes

Política Territorial adxudica 57.000 euros do Fondo Especial de Financiamento a concellos chairegos

Sociedade 12/04/2010
  Envía a túa opinión

Os concellos chairegos de Begonte e Rábade percibirán unha axuda de 7.299 e 49.703 euros respectivamente procedentes do Fondo Especial de Financiamento a favor dos municipios con poboación non superior a 20.000 habitantes. Estes cartos, incluídos nos Presupostos Xerais do Estado para 2010, proceden dunha partida xeral de 50 millóns de euros que o Ministerio de Política Territorial adxudicou a 2.470 concellos de toda España.


Representantes da Comisión de Asociacións en contra das minas da Terra chá entregan a carta a Samuel Juárez

Samuel Juárez pon á Moexmu como referencia dun moderno sector agrogandeiro galego

Sociedade 12/04/2010
  Envía a túa opinión

A XXVI edición da Mostra e Exposición de Muimenta (Moexmu) contou cunha gran participación de xente que visitou o recinto feiral Manuel Vila López para ollar de preto as principais novidades en maquinaria agrícola, así como o XXIV  Concurso de Gando e asistir á poxa de reses de rubia galega. O venres deu comezo a decana das feiras agrogandeiras luguesas coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, o delegado do Goberno en Galicia, Xosé Manuel Vázquez Portomeñe, o vicereitor da USC, Carlos Herrrero Latorre; a vicepresidenta segunda da deputación e presidenta do Inludes, Lara Méndez,  os alcaldes de Cospeito, Armando Castosa; Vilalba, Gerardo Criado; Abadín, Xosé María López Rancaño; A Pastoriza, Primitivo Iglesias; e o de Meira, Antonio de Dios.


A Xunta mellorará o firme da LU-541, da LU-127, da N-634 e da A-6

A Xunta mellora tres estradas en Rábade e Vilalba por valor de 4.700.000 euros

Sociedade 09/04/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia, a través da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, licitou o reforzo de dúas estradas en Vilalba e unha en Rábade por un total de 4.698.861 euros e un período de realización de 12 meses. Estas tres intervencións suporán o reforzo do firme das estradas LU -127, na súa variante de Rábade, LU-541 no tramo Rábade (A-6)-Vilalba (N-634), por valor de 3.293.161 €; e a LU-861 no treito de Vilalba, á que se lle sumará a mellora das interseccións, por valor de 1.405.700 €.


A estación de Rábade viu melloradas as súas instalacións

Fomento mellora a accesibilidade da Estación de Rábade

Sociedade 09/04/2010
  Envía a túa opinión

O Ministerio de Fomento, a través de Adif, adaptou a estación do tren de Rábade para mellorar a accesibilidade nas súas plataformas e nos andéns. Esta intervención da Estación chairega sumouse ás de Sarria, San Clodio e Quiroga, nas que o departamento dirixido por José Blanco, investiu preto de 60.000 euros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros