Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Fotograma de “Brasil somos nós”

Carlos Núñez e Óliver Laxe inauguran esta noite o VII Play-Doc

Cultura 30/03/2011
  Envía a túa opinión

O Festival Internacional de Documentais de Tui, o Play-Doc, inaugúrase ás nove desta noite coa película Brasil somos nós, un filme no que o coñecido músico galego Carlos Núñez vai na procura do seu bisavó desaparecido en Brasil, supostamente asasinado por outro músico. Alí descubrirá parte das súas orixes e sentirá os vínculos que o atan á tradición musical galaico-portuguesa. Unha produción que nos amosa tamén o proceso de gravación do seu último disco, Alborada do Brasil. E para que a estrea desta sétima edición do festival sexa cen por cen galega, Óliver Laxe abrirá a sección oficial con Todos vós sodes capitáns, cinta que se alzou co premio da crítica na Quincena dos Realizadores en Cannes e que documenta o proceso dun obradoiro de cinema que o realizador fixo en Marrocos con rapaces da rúa.


Factoria de Plastic Omnium en Redondela

A regulación en Citroen arrastra ás auxiliares

Sociedade 28/03/2011
  Envía a túa opinión

A regulación de emprego volve mañá martes a Citroen diante dá falta dunha peza procedente do Xapón. O expediente afectará a 37 traballadores o martes, 50 o mércores e 45 o xoves, segundo informou a dirección ao comité. A falla dun caudalímetro que fabrica Hitachi para os motores Diesel provoca a paralise na produción da Citroen, e tamén en compañias auxiliares.


O BNG solicitou a dimisión do conselleiro de Economía (Na foto coa conselleira do Mar, esta semana en Cambados)

A voltas cos muiños

Institucional 27/03/2011
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O fallo xudicial que corrobora a legalidade do concurso eólico convocado pola consellería de Innovación e Industria que dirixía o nacionalista Fernando Blanco, podería supoñer un gasto de 300 millóns de euros para a Xunta de Galicia, segundo cálculos citados hoxe polo Xornal. O citado diario tamén publica a opinión sobre o fallo do anterior conselleiro.


Cartaz das xornadas

Encontro de mulleres Norte-Sur

Sociedade 24/03/2011
  Envía a túa opinión

Intermón Oxfam, en colaboración con A Cova da Terra, Panxea e Taller de Solidaridade e o apoio de Axuda en Acción e Solidaridade Internacional de Galicia organizan mañá venres e o sábado, 25 e 26 de marzo, un encontro internacional sobre a producción e comercialización de alimentos xustos que terá lugar no Auditorio Municipal de  Lalín, en Pontevedra.


Fran Alonso

Fran Alonso converte a poesía nun xogo

Cultura 22/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

“Temos que perderlle o medo a poesía”, defendeu nos micrófonos de Radiofusión o escritor vigués Fran Alonso, quen levou a práctica o seu propio consello. Chega esta semana ás librarías, da man da editorial Xerais, O meu gato é un poeta, un poemario para “nenos de moi variadas idades” que se acompaña dun disco e se prolonga nunha páxina web con materiais adicionais.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros