Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

O mar tirou parte da balaustrada do paseo marítimo da Coruña

O temporal azouta a costa da Coruña e Lugo

Sociedade 09/11/2010
  Envía a túa opinión

Entre as 5,30 e as 6 desta mañá o vento soplou coincidindo coa pleamar (5,45h.) nas zonas costeiras das provincias da Coruña e Lugo. O mar petou con forza e derrubou arredor de 100 metros do paseo marítimo da Coruña, e provocou tamén destrozos en San Cibrao (Cervo Lugo). En Cariño o mar levou aparellos e derrubou farolas e bancos no paseo marítimo. Un pescador foi dado por desaparecido na zona de Baldaio en Carballo.


A Coruña celebra unha noite solidaria de apoio ao Festiclown Palestina

Cultura 05/11/2010
  Envía a túa opinión

O Fórum Metropolitano da Coruña acolle ás oito e media desta tarde unha gala solidaria en apoio ao Festiclown Palestina. O Mago Teto, Pedro Brandariz, A compañía do ruído, …As 3, Carlos Sante, Sue Moreno, Gustavo Pernas (Ancora Producións) e Ángela Blanco son os artistas locais que se subirán ao escenario. A eles sumarase a presentadora, Isabel Risco, a intervención de Iván Prado, director do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e a proxección de trailers documentais sobre Palestina. As entradas custan cinco euros (tres para desempregados, estudantes e xubilados) e o diñeiro recadado permitirá financiar o festival que se prevé celebrar en Gaza no outono de 2011. Pódense mercar anticipadamente na web www.servinova.com ou unha hora antes na billeteira do Fórum.


Cartaz das xornadas

Verónica Blanco: “Antes da industria existía Arteixo”

Cultura 03/11/2010
  Envía a túa opinión

O auditorio do centro cívico e cultural de Arteixo acolle os sábados deste mes as segundas xornadas sobre patrimonio cultural local que organiza a Asociación Monte da Estrela. Unha proposta para concienciar da importancia da conservación do patrimonio cultural. As charlas arrincarán este sábado ás 16.00 horas con dúas ponencias que, xirarán arredor do patrimonio arqueolóxico, impartidas polo profesor da Universidad de Santiago, José Manuel Caamaño e o arqueólogo Ángel Concheiro.


Escudo no portalón exterior do Pazo dos Figueroa (Abegondo A Coruña)

O pazo do marqués

Sociedade 31/10/2010
  Envía a túa opinión

Moi contraditoria semella a persoalidade do Marqués de Figueroa, Xoan Armada e Losada, (Madrid 1861- Abegondo 1932) político conservador e caciquil. Chegará a ser ministro en 2 ocasións, "gañando" consecutivamente as eleccións no distrito de Pontedeume en 9 ocasións dende 1891. En 8 veces, venceu co 100% dos votos. Pero tamén se adicará ao cultivo da literatura, escribindo narrativa e poesía galega.


O actor Vicente de Sousa participa esta noite no primeiro café de Redondela

Artistas e científicos xúntanse na barra do bar

Cultura 29/10/2010
  Envía a túa opinión

Durante os próximos días celebrarase unha nova edición dos Café Teatro Científicos que organizan Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, pertencentes ao departamento de investigación Neurocom, da Universidade da Coruña. Estes encontros levan por título xenérico “Que pasaría se xuntásemos nun bar a…” e teñen como obxectivo achegar dúas disciplinas en principio tan afastadas como a artística e a científica, a través da participación nestes encontros de actores e físicos, neurofisiólogos, matemáticos, biólogos ou ecólogos. Hoxe venres, día 29, celebrarase a primeira destas sesións programadas en Redondela, concretamente no local “O escondidiño”, ás 21.00 horas. Nesta ocasión xuntaranse nun bar o actor Vicente de Souza, así como os físicos e profesores da Universidade de Santiago Eduardo Sánchez e Enrique Zas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros