Envía a túa opinión
Vinte asociacións presentaron un manifesto contra o cambio do Plan de Usos da Illa de San Simón e pediron unha entrevista co xerente da Fundación, Francisco Javier Alonso, para expresarlle o seu malestar pola decisión da Consellaría de Cultura de transformar o lugar senlleiro da memoria histórica en Galicia nun simple escenario de eventos culturais. O vello lazareto e campo de concentración de prisioneiros franquistas que o bipartito designara como símbolo da memoria dos represaliados vai ser agora un espazo para dar proxección internacional ao sector cultural do país e organizar actividades de lecer.
Envía a túa opinión
Redondela vístese de longo estes días coa celebración da Festa da Coca, declarada de interese turístico galego no 2001. O día grande dos festexos foi onte, coincidindo coa data do Corpus, festivo local na localidade. O tempo acompañou ás celebracións e puido levarse a cabo as tradicionais “Danza das espadas” e a “Danza das penlas”. Esta última, segundo o historiador José Martínez Crespo, trátase dun patrimonio galego inmaterial. As súas orixes remóntanse ao século IX aínda que en Redondela se data no XVI.
7 comentario/s - Envía a túa opinión
Arrinca hoxe a 38 edición da Festa do Viño Tinto do Salnés, que se celebra en Barrantes (Ribadumia). A cita combínase coa III Festa de Exaltación da Conserva, honrando así aos dous productos típicos desta zona e pilares fundamemtais da economía da comarca. Durante tres días Barrantes promocionará os seus caldos, como xa é tradición desde hai 40 anos, convertíndose así no signo de identidade deste concello. A numerosa participación do viticultores que participan cos seus viños e catas, os grandes artífices desta celebración de exaltación ao deus Baco, recoñecerase este ano co seu nomeamento de valedores da Festa do Viño Tinto do Salnés.
Envía a túa opinión
Técnicos de Augas de Galicia procederán hoxe a realizar una inspección nas empresas da zona, aínda que non se desbota que o fuel proceda dun vertido dende o mar, dalgunha embarcación. O vertido contaminante obrigou a pechar as praias de Chapela e Rande (Redondela) así como os areais de Mende e A Punta en Teis (Vigo).
Envía a túa opinión
Baixo o título Pel con pel no mundo a Federación Galega de Asociacións de Apoio á Lactación Materna (FEDEGALMA) convoca un concurso fotográfico. O obxectivo é premiar as imaxes que recollan o contacto que se produce no momento da alimentación entre unha nai e o seu fillo, pero tamén o agarimo que precisan do seu entorno estas mulleres. O certame é o primeiro paso dunha proxecto máis amplo que culminará en setembro coa publicación dunha libro sobre a lactancia.