Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 22 de Febreiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O IESCHA terá a súa Asemblea Xeral o venres 16

O IESCHA abordará o seu orzamento na Asemblea Xeral ordinaria o vindeiro 16 de abril

Cultura 09/04/2010
  Envía a túa opinión

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) celebrará a súa Asemblea Xeral ordinaria o vindeiro venres 16 de abril no Salón de Actos da casa da Cultura de Vilalba. A primeira convocatoria terá lugar ás 20.15 horas, mentres que a segunda comezará quince minutos mais tarde. Os principais temas a abordar serán as actividades a realizar este ano, o estado das contas e o orzamento desta institución cultural chairega.


As obras da A-8 entre Mondoñedo e Lindín poderían rematar no 2012, segundo admitiu Fomento ao BNG

O Goberno admite un retraso no tramo da A-8 entre Mondoñedo e Lindín, que podería estar para comezos do 2012

Sociedade 09/04/2010
  Envía a túa opinión

O Goberno Central recoñeceu que haberá atrasos na finalización do tramo galego da Autovía do Cantábrico (A-8), segundo se desprendeu da resposta que o Executivo deu ao voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera. Os retrasos no tramo Mondoñedo-Lindín teñen a súa razón, segundo Fomento  nos deslizamentos producidos nesa zona.


Os comedores escolares dos CEIP Castelao en Vilalba e o CEIP de Muras poderían desaparecer

Os socialistas denuncian a supresión dos comedores do CEIP Castelao de Vilalba e o CEIP de Muras

Sociedade 09/04/2010
  Envía a túa opinión

A Executiva Provincial do PSdeG PSOE criticou onte a posible modificación da relación postos de traballo na que, segundo os socialistas estaría a traballar a Consellería de Educación e que conduciría á supresión dos comedores escolares de 8 centros de 7 concellos escolares, entre os que se atoparían o CEIP Castelao e o CEIP de Muras, dos concellos chairegos de Vilalba e Muras respectivamente.


A fadista María do Ceo

María do Ceo e Brath tocarán no Carmen Estévez de Vilalba o vindeiro venres 17 de abril

Cultura 08/04/2010
  Envía a túa opinión

A fadista portuguesa María do Ceo e o grupo Brath tocarán en Vilalba o vindeiro sábado 17 de abril do 2010 ás 20.30 horas no auditorio Carmen Estévez. O concerto, que se enmarca na programación do Xacobeo “Raíces”, traerá á capital da chaira a un dos grandes nomes da música tradicional lusa e a un dos valores dos últimos 30 anos da galega. As entradas estarán a venta a partir do luns 12 na oficina de cultura de 10.00h a 15.00h e no auditorio de 18.00h a 21.00h, contando cun prezo de 3€.


A concentración parcelaria de Conforto rematou despois de 25 anos do comezo do proceso

A Parcelaria de Conforto, en A Pontenova, puxo fin a 25 anos de xestións coa entrega dos títulos de propiedade

Sociedade 08/04/2010
  Envía a túa opinión

Os 25 anos que durou a concentración parcelaria de Conforto, en A Pontenova, tiveron o seu fin onte coa entrega dos títulos de propiedade que a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, fixo aos 477 veciños implicados.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros