Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Cartel do Reperkusión

Emir Kusturica e a Fanfare Ciocarlia encabezan o cartel do Festival Reperkusión 09

Cultura 06/08/2009
  Envía a túa opinión

A sétima edición do Festival Reperkusión celebrarase no Complexo de Vilanova, en Allariz, os 18 e 19 de setembro. Xa está pechado o cartel e na primeira xornada festiva poderemos gozar de Emir Kusturika & The No Smoking Orchestra, Festicultores Troupe e Bodega Bodega. Xa o sábado 19 será a quenda de Fanfare Ciocarlía, GigoElectro Brass, A Tuna Rastafari e Funky Style Brass. As entradas xa están á venda.

 


Cartaz do concerto

A música de Elodio y los Seres Queridos, un cañonazo directo ao corazón

Sociedade 05/08/2009
  Envía a túa opinión

A música pop de "Elodio y los Seres Queridos" escoitaráse este venres, 7 de agosto na localidade ourensana de Ribadavia. O concerto do cuarteto será ás doce da noite na Sala La Lola. O custe da entrada é de 3 euros. Catro persoas atópanse baixo este pseudónimo tan particular: Manuel Santamaría(piano, teclados e coros), Pablo Muñíz baixo),Eladio Santos (voz, guitarra acústica, eléctrica e española e flauta barroca), e Juan de Dios,  no referente a producción e programaciones, amais de engadir guitarras, saxo…


Lugares como o Ecoespazo de Allariz contribuíron á transformación positiva do municipio

Allariz celebra os 20 anos de transformación positiva da vila

Institucional 03/08/2009
  Envía a túa opinión

O Salón de sesións da casa consistorial de Allariz acollerá ás once e media de mañá martes a presentación do programa de actos de “20 anos de transformación positiva de Allariz (1989-2009)”. No acto intervirá o alcalde alaricano Francisco García Suárez e representantes da Asamblea de Veciños e Veciñas.

 


Proposta dos alumnos de Felicidad Duce

Tralo éxito do desfile de moda, a escola Felicidad Duce pensa xa no seu 10º aniversario

Sociedade 29/06/2009
  Envía a túa opinión

A Escola Superior de Deseño e Moda Felicidad Duce, situada en Allariz, celebrou o pasado venres o seu desfile de fin de curso no que tres alumnas resultaron galardoadas. A mellor valorada foi Eva Domínguez graza a unha proposta que mesturaba a alta costura co traxe típico galego. Desde a organización do evento consideran esta cita todo un éxito e pensan xa na celebración o vindeiro ano do seu décimo aniversario no que haberá máis desfiles, pero tamén outras propostas artísticas.


O alcalde de Allariz Francisco García inaugurará a Casa da Mocidade

A Casa da Mocidade de Allariz inaugúrase este venres

Sociedade 29/06/2009
  Envía a túa opinión

Unha aula de informática, un local de ensaio para grupos musicais e as instalacións de Radio Allariz son algúns dos espazos que configuran a Casa da Mocidade de Allariz. Inaugúrase este venres ás sete e media da tarde e o sábado e o domingo prográmanse xornadas de portas abertas. Preténdese converter en centro de dinamización xuvenil da vila e da comarca. Conta con todos os instrumentos necesarios para lograr a atracción de mozos e mozas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros