Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 26 de Maio de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Rómulos Gallegos na praia de Beluso, en 1935

Rómulo Gallegos soñou a revolución en Beluso

Cultura 21/03/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Para moitos de nós, o nome de Rómulo Gallegos era só o do autor de ‘Dona Bárbara’, unha das novelas máis importantes de todos os tempos escritas en lationoamérica. Sen embargo, a vida e a obra de Rómulo Gallegos agochaba moitos segredos importantes que era fundamental coñecer. Lois Pérez Leira achega datos esenciais da biografía do autor de ‘Dona Bárbara’ no último número da revista GRIAL.


As instalacións inauguraranse o sábado 26

A gaita contará con casa de seu en Cotobade

Cultura 20/03/2011
  Envía a túa opinión

A Casa da Gaita, o primeiro museo galego dedicado ao noso instrumento tradicional por excelencia, abrirá as súas portas o vindeiro sábado día 26 en Cotobade. O seu obxectivo é ofrecer ao visitante un percorrido pola historia e características da gaita de fol, así como render homenaxe a un dos grandes músicos galegos, Ricardo Portela, natural deste concello pontevedrés. Coincidindo coa inauguración da casa, celebrarase un xantar gaiteiro na Carballeira da Portela.


Cartaz da presentación

A Revista Tintimam regresa con máis forza

Sociedade 18/03/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Despois de máis de 20 anos, a Revista Tintimam volve, en galego-portugués e traducida ao español e ao inglés, para ser distribuida en toda a península e presentada e distribuida en Brasil. Hoxe preséntase en Vigo nun dos centros culturais de moda da cidade, Detrás do marco art- café, ás oito do serán.  


A Mostra A República das mulheres amósase na Biblioteca Museu República e Resistência (estrada de Benfica 419, Lisboa) onde permanecerá até o 24 de marzo.

O feminismo galego, en Vigo e Santiago

Sociedade 17/03/2011
  Envía a túa opinión

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo acolle este xoves 17 de marzo a presentación do libro 22 documentos do feminismo galego editado por Galiza Sempre. Canda o director da fundación falarán no acto Vitoria Iglesias, da Marcha Mundial das Mulleres, e Iolanda Veloso, Concelleira de Igualdade no goberno municipal de Vigo. O libro presentarase tamén o venres 18 de marzo en Santiago nas Xornadas de Galiza Nova: De Rosalía de Castro a nós. Será ás 10:30 da mañá na Biblioteca Ánxel Casal con intervención de Carme Adán, integrante do Padroado de Galiza Sempre e deputada do BNG.


Rafael Louzán inaugurou onte unha exposición de fotografías de Pontevedra

O PP intenta fichar a edís do PSOE a cambio de obras na Deputación

Institucional 09/03/2011
 10 comentario/s - Envía a túa opinión

A rehabilitación da praia fluvial de Vilán no río Oitavén foi unha das obras ofrecidas ao concelleiro do PSOE en Fornelos de Montes, Alfonso Ventín se aceptaba figurar na candidatura do Partido Popular ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio. A proposta lembra o acontecido nun municipio interior da Coruña. Alí a Xunta de Fraga integrou a un grupo independente a cambio dun polígono industrial que hoxe serve para o frolecimento dos toxos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros