Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

O estudo do rostro desvela moitos aspectos da personalidade

A personalidade ao descuberto a través da morfopsicoloxía

Sociedade 29/10/2010
  Envía a túa opinión

O coñecemento da personalidade a través da faciana pode axudar a coñecer mellor ás persoas. O estudo dun rostro revela unha serie de características da personalidade, como por exemplo a introversión ou extraversión, a desconfianza, a capacidade de decisión, a capacidade de diálogo, as emocións ou a sinceridade. A Coruña acollerá, o sábado 13 de novembro, no hotel NH Atlántico, unha xornada de Morfopsicoloxía (o coñecemento da personalidade a través da cara).


Cartaz do congreso

Cesáreo Sánchez (AELG): “Unha sociedade que non xera produtos propios esmorece”

Cultura 28/10/2010
  Envía a túa opinión

A Coruña acollerá a vindeira fin de semana a XVII edición do Congreso Galeusca que organizan cada ano e de xeito conxunto as asociacións de escritores vascos, galegos e cataláns. A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) é, nesta ocasión, a responsable de organizar un congreso que xirará arredor do papel da literatura dentro do sistema cultural. “Nesta ocasión queremos tratar a problemática do escritor e a importancia da literatura dentro do sector cultural que xera en Galicia o 2% do Produto Interior Bruto”, explicou o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez.


Propietarios do Restaurante Manolito, con José Martínez "O Parrulo" e Gabriel Varela (Muiño do Vento)

O Club gastronómico Rias Altas abre as Xornadas de Caza

Cultura 28/10/2010
  Envía a túa opinión

25 restaurantes da provincia da Coruña ofrecerán nas vindeiras semanas menús entre os que sobresaen a perdíz, a lebre, o coello, o venado e o cervo. Cumpren 25 anos e os pratos serviránse acompañados dun Rioxa de Haro, reserva e crianza de Carlos Serres.


Maica Bouza co secretario xeral de CC OO - Galicia, Sánchez Aguión

Maica Bouza (CC OO): “A Xunta aplica a mesma receita orzamentaria do goberno central”

Sociedade 26/10/2010
  Envía a túa opinión

UGT e CC OO cualifican os presupostos da Xunta para 2011 de “restritivos e antisociais”. As centrais sindicais destacan a redución das partidas destinadas á cobertura de servizos públicos básicos e porén sinalan ao goberno galego que está a debilitar o proceso de diálogo social. Ambos sindicatos poñen o acento no desemprego. A secretaria de emprego de CC OO, Maica Bouza, explicou en Radiofusión que, a Xunta non aposta por políticas de emprego, cando ten plena competencia neste eido. Pola contra, subliñou, recurtan nun 15 % os cartos destinados para a formación e a xeración de emprego, deixando de fomentar a actividade económica.


Toño Casais e María Ordóñez (Talía Teatro)

O psicópata e a vítima de Talía Teatro

Cultura 25/10/2010
  Envía a túa opinión

Un psicópata e a súa vítima, secuestrados nun espazo sen posibilidade de fuxida aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso prende sempre dun fío. Na busca da verdade que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man e o que parecía un final previsible transfórmase en inevitable.É o argumento de Palabras encadeadas, a obra que o vindeiro venres escenifica Talía Teatro en Culleredo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros