Envía a túa opinión
Despois de percorrer Asturias, Madrid, Catalunya e varias cidades de Galicia, grupo arxentino de rock Los Súper Ratones cerrarán a súa xira polo noso país o vindeiro domingo na Sala Carteles de Ferrol. Person, batería e unha das voces da banda, que nos concedeu esta mañá unha entrevista a Radiofusión, tivo unhas palabras de agradecemento para o público de Ferrol e de Fene, posto que xa teñen unha relación de tempo coa comarca. Animou tamén aos oíntes a achegarse ao concerto, que será a partir das nove e media da noite.
Envía a túa opinión
22 guerrilleiros antifranquistas bulraron ás forzas da dictadura e en decembro de 1946 lograron escapar nun pequeno barco boniteiro. Embarcaron na praia de Vicedo na fronteira entre as provincias da Coruña e Lugo e chegaron a Baiona en Francia. Boa parte deles eran de Regüela, o berce da guerrilla.
Envía a túa opinión
“Galiza, a patria grande, a patria sen máis, ou mellor a nación, o anaco territorial en que a uniformidade de costumes, lingua, accidentes xeográficos e clima é un feito tanxible e real, o que é a patria natural, a nación propiamente dita”. Son palabras de Ramón Vilar Ponte, un dos promotores das Irmandades da Fala, a entidade que acordou celebrar o 25 de xullo como Dia de Galicia. Festexouse por primeira vez en 1920.
Envía a túa opinión
A Comisión de Economía do concello de Ferrol dictaminóu a proposta de prórroga do Convenio de colaboración entre este concello e o de Narón para compartir o servizo municipal de bombeiros. O concello de Ferrol garate así o mantenemento dos 10 postos de traballo xerados ao abeiro deste acordo. O documento que contempla a prórroga inicial ata o vindeiro 31 de decembro, levarase ao pleno deste xoves.
Envía a túa opinión
Como “un ataque á democracia” e como “ unha maneira de afianzar o bipartidismo” así entendo o BNG de Fene a última medida do goberno de diminuir o número de edís nos concellos. O grupo municipal do BNG leva a debate ao próximo pleno unha moción rexeitando esa decisión do goberno Rajoy que se aplicaría nas próximas eleccións municipais do ano 2015.