Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

En Ordes viven mil veciños que teñen discapacidades

O Concello de Ordes modelo de integración

Sociedade 03/12/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Un de cada 12 veciños do Concello de Ordes ten algún tipo de discapacidade, nun nivel superior ó 33%. Non é de extrañar pois que este municipio sirva de referencia para moitos outros e sexa pioneiro no desenvolvemento de iniciativas dirixidas a éste colectivo. Así, o concello de Ordes é o único de Galicia que conta cunha concellería de discapacidade para facer posible a vida en igualdade destas persoas.


As actividades pretenden achegarse a rapaces e rapazas

O 16 de novembro celébrase o Dia Mundial para a Tolerancia

Sociedade 12/11/2009
  Envía a túa opinión

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes organizará unha serie de actividade nos sete municipios que integran a comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) para celebrar o “Día Mundial para a Tolerancia”, que terá lugar o vindeiro luns 16 de novembro. Unhas actividades abertas ao público en xeral pero que están especialmente dirixidas aos rapaces e rapazas da comarca baixo o lema “Diversidade + Tolerancia = Convivencia”.


A preocupación ecoloxista medra dia a dia na sociedade galega

Iníciase un programa de compostaxe doméstica integral

Sociedade 11/11/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes será o primeiro municipio da provincia da Coruña que asinará un convenio de colaboración co Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino para participar nun programa de compostaxe doméstica integral, que se desenvolverá ao longo do ano 2010. Un programa que permitirá que “todos os veciños e veciñas de Ordes que o desexen poidan ter un composteiro nas súas casas, só terán que pedilo”, explica o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira.

 


Unda das actividades programadas é un clube de lectura

Buscando o éxito escolar

Sociedade 08/11/2009
  Envía a túa opinión

Uns 100 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2º da ESO participarán nas actividades gratuítas para o fomento do éxito escolar, organizadas polo Concello de Ordes (A Coruña). Tres actividades que terán lugar todos os martes, entre as 16:30 e as 18:30 horas, no IES Maruxa Mallo de Ordes e no que particparán rapaces tanto do Maruxa Mallo como dos outros tres CEIPs (Campomaior, ADR Castelao e Mesón do Vento) e o IES nº 1.


Pavillón do Colexio Castelao

700 sinaturas a prol da eliminación das barreiras arquitectónicas do Colexio Castelao de Ordes

Sociedade 08/11/2009
  Envía a túa opinión

Membros da ANPA do Colexio Castelao de Ordes entregarán no rexistro da Xunta de Galicia máis de 700 cartas firmadas, o vindeiro martes 10 de novembro. Nelas esíxenlle á dirección xeral de Educación acabar coas barreiras arquitectónicas que presenta o centro. Tales carencias imposibilitan o acceso dalgúns alumnos a actividades como música, os laboratorios oua ás aulas de lingua extranxeira.  

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros