Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A concentración parcelaria de Conforto rematou despois de 25 anos do comezo do proceso

A Parcelaria de Conforto, en A Pontenova, puxo fin a 25 anos de xestións coa entrega dos títulos de propiedade

Sociedade 08/04/2010
  Envía a túa opinión

Os 25 anos que durou a concentración parcelaria de Conforto, en A Pontenova, tiveron o seu fin onte coa entrega dos títulos de propiedade que a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, fixo aos 477 veciños implicados.


Imaxe dos participantes do primeiro obradoiro de adestramento da memoria que tivo lugar en marzo

Eme de Meira organiza o segundo obradoiro de adestramento da memoria para persoas maiores

Sociedade 08/04/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Cultural Eme de Meira organizou o segundo obradoiro de adestramento da memoria para persoas maiores, logo de que no mes pasado comezara esta actividade como experiencia piloto dirixida ás amas de casa de Meira. Tras o éxito do primeiro, a institución meirega decidiu dar a opción a aqueles socios que non puideron asistir á sesión do mes de marzo, co que se poderán apuntar todas aquelas persoas que o soliciten ata encher o número de lugares dispoñíbeis na aula.


O Museo de Viladonga celebrará a súa Asemblea Xeral ordinaria

O sábado terá lugar a Asemblea Xeral da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Cultura 07/04/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación de Amigos do Castro de Viladonga celebrará o sábado, contra as 12.30 horas, a súa Asemblea Xeral ordinaria, onde se definirán diversas cuestións relativas ao funcionamento do Castro. Un dos temas principais será a mostra do informe económico da tesourería da entidade aos socios, así como se someterán a aprobación as contas do pasado ano 2009.


Luis Piderahita actuará en Vilalba no serán do domingo

Un Concerto Homenaxe a Xoán Montes e a actuación de Luis Piedrahita protagonizarán a fin de semana cultural de Vilalba

Cultura 07/04/2010
  Envía a túa opinión

O vindeiro fin de semana o Auditorio Carmen Estévez de Vilalba combinará a música de cámara e coral co humor mais irreverente e surrealista. O sábado 10 de abril o departamento de cultura do Concello programou un Concerto Homenaxe a Xoán Montes a cargo da Orquestra Clásica de Xove e Coral do Hospital Xeral- Calde, a partir  das 20:00 horas. Ao día seguinte, contra as 20.30 será o humorista, mago e director de cine coruñés Luis Piedrahita quen presente o seu monólogo “¿Por qué los mayores construyen columpios siempre encima de un charco”.


Xavier Gómez Santiso explica as novidades da PAC 2010 aos gandeiros vilalbeses

O SLG advirte de que as inspeccións poden determinar a contía final das axudas da PAC

Sociedade 07/04/2010
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego desenrolou hoxe unha Xornada Técnico-Sindical en Vilalba onde informou aos gandeiros chairegos sobre as novidades existentes na Política Agraria Común (PAC) para este ano 2010. Unha das principais novas será a subida das modulacións actuais, que é a porcentaxe que se desconta da axuda a partir de 5.500 euros,  ata un 8% e nun punto anual ata o 2013, cando acadarán o 11%. A organización agraria informou ademais da desaparición das primas por gando ovino e cabrún e por cultivo do millo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros