Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Todo listo para Festa da Empanada 09

Sociedade 17/08/2009
  Envía a túa opinión

Allariz celebra a tradicional Festa da Empanada dende o 21 ó 23 de agosto, un fin de semana gastronómico no calendario alaricano. O evento ten lugar anualmente no verán e a súa orixe data do ano 1971. Desenvólvese nun marco incomparable, na ribeira do río Arnoia, quizais unha das características máis importantes que se debe resaltar. Esta festa gastronómica tamén acolle actividades deportivas como o Triatlón Vila de Allariz, ou o Campionato tradicional da Billarda, e actuacións musicais con orquestras e música galega.


Cabalos na Festa de Magalofes do 2008

A Festa do Cabalo de Maside estírase a 2 dias

Sociedade 16/08/2009
  Envía a túa opinión

22 anos leva celebrándose a Festa do Cabalo en Maside (Ourense). Debido á grande afluencia de participación nas distintas probas, este ano a Festa prolóngase a 2 dias, comezando o sábado dia 22 e finalizando o domingo 23. Repartiránse 10.500 € en premios e agardan unha participación de 650 cabalos.


Cartel do IV Festival da Mocidade de Xinzo

A crise “capitalista” centra o IV Festival da Mocidade de Xinzo

Cultura 13/08/2009
  Envía a túa opinión

Os socios do Centro Social Aguilhoar, en Xinzo da Limia, celebran por cuarto ano o Festival da Mocidade. As actividades darán comezo ás cinco da tarde na zona de viños da vila e, entre outras, terá lugar unha conferencia baixo o título “Crise capitalista. Do global ao local”, na que intervirá Plácido Valencia, en nome dos traballadores de Vidriera del Atlántico, para falar do conflito que manteñen coa empresa. Haberá oco tamén para a música coas actuacións de O Leo i Arremecaghona, Esquíos e os limiáns Zirconia, como comentou en Radiofusión un dos organizadores do evento, André Taboada.



“Cultura en Ruta” chega ao Campo da Barreira de Allariz

Sociedade 13/08/2009
  Envía a túa opinión

O programa cultural de Caixanova “Cultura en ruta” achega mañá ao Campo da Barreira espectáculos para todas as idades. Isto é posible grazas a un convenio de colaboración en materia cultural asinado polo Concello de Allariz e Caixanova. Comezará ás 19:30h cun pasarrúas de gaiteiros que animará as rúas de Allariz para, a continuación, ao redor das 20:00h, volcarse cos máis pequenos cun espectáculo infantil titulado “Pajarito. La Vida Loca”, centrado nunha muller-nena que anda solta polas rúas, xogando nunha praza, onde irremediablemente vanse sucedendo momentos inesquecibles a través da súa interacción co público. A iniciativa tamén inclúe, ás 21:30h, un concerto de pop-rock a cargo de La Sombra, un grupo ourensán, e unha festa coa actuación do grupo de folk Brath, a partir das 23:00h.


Momento do Triatlón por Equipos en Allariz

Allariz acolle este sábado o VII Triatlón por Equipos

Deportes 06/08/2009
  Envía a túa opinión

Con saída da Alameda ás seis da tarde, dá comezo este sábado en Allariz a sétima edición do Triatlón por Equipos, que inclúe as probas de natación (400m dende o Arnado ata o embarcadoiro), ciclismo (24km en bici) e carreira a pé (10km).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros