Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Un membro da familia Franco saíndo do pazo de Meirás (Sada A Coruña)

Reclaman a inmediata apertura do Pazo de Meirás

Cultura 23/10/2010
  Envía a túa opinión

A Comisión pola Recuperación de Memoria Histórica da Coruña reclama a intercesión do Valedor do Pobo diante da Xunta de Galicia para que o goberno autónomo marque con carácter inmediato os dias de apertura ao público do Pazo de Meirás. O Tribunal Supremo rexeitou a comezos deste mes de outubro o recurso de casación interposto pola familia Franco, confirmou a declaración do edificio como Ben de Interese Cultural, o que implica a necesaria apertura ao menos durante 4 dias ao mes.


A ONU elixiu este 20 de outubro para conmemorar o primeiro Día Mundial da Estatística

Fernando Lema: “Utilizamos a estatística a diario”

Sociedade 20/10/2010
  Envía a túa opinión

Coñecernos a nós mesmos e o mundo que nos rodea é o que nos permite facer a estatística; unha ciencia que está moi presente na nosa vida cotiá, pero que, denuncian os implicados, resulta pouco visible para a maioría da sociedade. Para solucionar esta eiva desde as Nacións Unidas propuxeron a creación do Día Mundial da Estatística, que se conmemora por primeira vez neste mércores 20 de outubro.


Atasco na ponte do Pasaxe en maio do 2009 (www.corunopolis.com)

Os mariscadores cortan o tráfico na ponte do Pasaxe

Sociedade 20/10/2010
  Envía a túa opinión

Os mariscadores da ría do Burgo cortaron o tráfico dende primeiras horas da mañá na ponte do Pasaxe na entrada da Coruña. Reclaman medidas de saneamento que permitan a continuidade do marisqueo na zona."Solucións xa ao furtivismo na ría do Burgo" reza unha pancarta que sosteñen os participantes na protesta.


Os mariscadores do Burgo protestan este mércores contra a contaminación da ría

Bruxelas desconfía das condicións do marisco depurado procedente de zonas C

Sociedade 19/10/2010
  Envía a túa opinión

A Comisión Europea rexeita a práctica da “depuración intensiva” que promove a Xunta para permitir a comercialización do marisco extraido das zonas clasificadas C polo seu alto nivel de contaminación. Así llo confirmou o Goberno dos 27 ao eurodeputado de Esquerda Unida Willy Meyers, que formulou a a reclamación a instancias do consello coruñés dos esquerdistas e dos mariscadores da ría do Burgo. Segundo Esquerda Unida, o laboratorio de referencia da Unión Europea expresou as súas “serias preocupacións” verbo da posibilidade de que se poida eliminar a contaminación viral mediante tratamentos de depuración intensiva para non danar a saúde dos consumidores.


Libro electrónico

O impacto do libro electrónico nas bibliotecas e no ensino

Sociedade 16/10/2010
  Envía a túa opinión

A Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña organizará as xornadas “O libro electrónico e o seu impacto nas bibliotecas e no ensino” no salón de actos da propia facultade os días 25 e 26 deste mes de outubro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros