Envía a túa opinión
Estamos preto do primeiro domingo de setembro, o que quere dicir que a festa do pan de Neda, tamén se achega. Ao longo da semana se veñen desenvolvendo diferentes actividades arredor deste producto tan típico no concello. O sábado, véspera do día grande da festa, celebrarase un festival solidario co que se recaudará diñeiro para unha asociación benéfica. Os Zares e mailo concello de Neda son os organizadores desta cita en favor dos máis desfavorecidos.
Envía a túa opinión
“Faragulliña”, é un conto infantil escrito en verso, que narra unha doce historia na que a familia, a amizade e o amor, son o fío conductor. Nel tamén se fai un eloxio ao pan e aos seus derivados, alimentos procedentes de produtos naturais aconsellables para unha alimentación equilibrada e sana. O libro do escritor Xoan García, natural de Barallobre, presentaráse ás oito desta tarde na Casa da Cultura de Neda.
Envía a túa opinión
O BNG de Fene organiza mañá unha sentida homenaxe á figura de Francisco Allegue cando se cumpre o cuarto cabodano do que fora durante moitos anos concelleiro de Fene. Un acto aberto a toda a cidadanía para honrar á figura dun loitador e dun home comprometido coas súas ideas. Unha lembranza a Pancho no que non faltará a nota emotiva coa lectura de poemas e coa música das Cantareiras Xirifeiras de Airiños de Fene.
Envía a túa opinión
En lugar de cinco, sete. As festas das Peras que tradicionalmente se celebran en Pontedeume do 7 ao 11 de setembro, amplianse este ano en dous dias. Como o dia 7 coincide en luns, as actividades comezarán xa o sábado dia 5.
Envía a túa opinión
O voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego Guillerme Vazquez intervirá no acto de homenaxe a Pancho Allegue. O edil morreu o 4 de setembro de 2005 e o Bloque quere honrar a memoria do concelleiro como recoñecemento do seu compromiso persoal coa industria, con Fene e con Galicia.