Envía a túa opinión
A parroquia fenesa de Barallobre prepárase para as suas festas patronais do Santiago Apostol e a do Carme, coa parroquia dividida en duas, a de arriba que celebra unicamente os actos relixiosos e a de abaixo que organiza verbena o dia 25, rachando a tradición.
Envía a túa opinión
La verdad es la verdad, dígala Agamenon o su porquero. A cita do Juan de Mairena de Antonio Machado, sírvelle a Javier Cercas como referente para titular o seu volume La verdad de Agamenon (2006). O literato e profesor da Universidade de Girona recopila relatos nos que mistura o sarcasmo coa fondura. Cercas publicou no 2009, Anatomía de un instante. No 2010 logrou o Premio Nacional de Narrativa
Envía a túa opinión
Un vídeo titulado "Rebato", realizado por dous alumnos do IES de Mugardos, gañou o concurso da Deputación da Coruña e a produtora cinematográfica IB Cinema. O traballo foi promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística dentro dun Obradoiro de edición de vídeo impartido no centro este curso, polo director de cine Xosé Zapata. Emilio Martínez Varela e Maybelle Paguntalan – que veñen de rematar 1º de bachelerato- son os artífices do traballo premiado.
Envía a túa opinión
Algúns cualifican xa como a máis masiva das fraudes cometidas en Galicia, con máis de 40.000 afectados, centos de miles en todo o Estado. Referímonos ás participacións preferentes, uns produtos financeiros complexos adquiridos por clientes que non terían sido informados polas caixas de aforros e bancos de que, en realidade, estaban a entregar o seu diñeiro a perpetuidade, sen garantías suficientes de devolución.
Envía a túa opinión
O coro infantil Agarimo de Sillobre cantou o himno galego no parque liñal do Río Cádavo a carón do Monumento á Patria Galega no acto institucional do concello de Fene. O exalcalde, Rivera Arnoso, tomóu a palabra como convidado este ano para ler o manifesto do 25 de xullo. Amancio Prada canta dende as 22.00 h. na Praza do Concello de Fene, pechando o Ciclo Día Nacional de Galicia.