Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

As Xornadas celébranse en Ordes (A Coruña) o 14 e 15 de novembro

Prepáranse as Xornadas Micolóxicas de Tarandeira

Sociedade 07/11/2009
  Envía a túa opinión

A Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural de Ordes e a asociación cultural e tempo libre Tarandeira organizan a sexta edición das Xornadas Micolóxicas, que terán lugar o 14 e 15 novembro e que incluirán charlas formativas, exposición de cogomelos e saída ao monte para a súa recolección. Unhas xornadas que terán un custe de 15 euros para os socios de Tarandeira e de 20 euros para os non socios, que terán que inscribirse no teléfono 690 038 625.


A empresa Ciencia Divertida-OBZ Consulting colabora co programa Ordes SOStible

Ordes recicla ou a importancia de separar os resíduos

Sociedade 03/11/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes convoca ás asociacións do municipio, así como aos veciños e veciñas que o desexen, a participar nunha xornada informativa do programa “Ordes SOStible”, que terá lugar este mércores 4 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura. Unha xornada que servirá para que “os ordenses aprendan a importancia de aforrar recursos, a reducir gastos innecesarios, a coñecer canto lles custa ter os aparatos eléctricos encendidos e sen utilizar...”, explica o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira.


Casa do Concello de Ordes

Nunca é tarde para aprender

Sociedade 17/10/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes abre o prazo de inscrición nun curso gratuito de preparación das probas para obter o título de graduado en Educación Secundaria, dirixido a veciños e veciñas do municipio maiores de 18 anos e que non dispoñan do título de graduado escolar ou graduado en ESO. Nestas clases, que terán lugar entre os meses de novembro e xuño, impartiranse as nocións necesarias para preparar ao alumnado para a proba libre do graduado en ESO, que se realiza nos meses de xuño e setembro.


Casa do Concello de Ordes

Un motorista morre tras chocar contra un autobús escolar en Ordes

Sociedade 25/09/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

 Un home faleceu esta mañá tras chocar a moto que conducía contra un autobús de transporte escolar na localidade coruñesa de Ordes. Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar ás 8.34 horas desta mañá na estrada que une Ordes e A Coruña, no lugar de Merelle, cando a moto chocou contra o autobús e introduciuse debaixo deste, quedando o motorista atrapado.


As cisternas esparexendo o leite este mediodia

O leite para regar as leiras

Sociedade 23/09/2009
  Envía a túa opinión

60.000 litros de leite recollido en 300 explotacións das comarcas de Xallas, Arzúa, Ordes, Compostela e Costa da Morte verquéronse este mediodia nas leiras da parroquia de Nemenzo en Santiago de Compostela. 14 cisternas participaron nesta acción de protesta organizada polo Sindicato Labrego Galego. Reclaman un prezo xusto para o leite como forma de garantir o futuro do sector. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros