Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Os chairegos poderán camiñar a Santiago nesta primaveira

Os Concellos de Pastoriza, Castro de Rei, Meira, Pol e A Pontenova organizan unha peregrinación a Compostela para a primavera

Sociedade 06/04/2010
  Envía a túa opinión

Os veciños das vilas chairegas de A Pastoriza e Castro de Rei, xunto cos das localidades próximas de Meira, Pol e a Pontenova, terán a oportunidade de coñecer de primeira man os diferentes Camiños a Santiago da Provincia de Lugo, dado que os Concellos destes municipios organizaron unha serie de rutas que conectarán, en distintas etapas, estes pobos coa cidade de Compostela, con motivo do Xacobeo 2010.


A policía local poderá potenciar a condución de diferentes vehículos en A Pastoriza

Medio centenar de alumnos da AGASP realizarán un curso sobre condución en circunstancias adversas en A Pastoriza

Sociedade 06/04/2010
  Envía a túa opinión

A Escola de Perfeccionamento e Técnicas de Condución de A Pastoriza acollerá a máis de medio centenar de alumnos da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), pertencentes á quinta promoción de Policía Local de Galicia, que participarán a finais deste mes de abril nun curso sobre condución en circunstancias.


Raquel Arias foi a encargada de abrir os cursos de Protección Civil en Guitiriz

Raquel Arias inaugurou onte en Guitiriz o Curso Básico de Protección Civil con voluntarios de catro concellos da Coruña e Lugo

Sociedade 06/04/2010
  Envía a túa opinión

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, inaugurou onte o Curso básico de Protección Civil que ao longo desta semana terá lugar na Casa Habanera, de Guitiriz, e no que participan unha trintena de voluntarios deste concello así como de Vilalba, Melide e Arzúa.


A Xunta clausurará o vertedoiro de Meira

Medio Ambiente investirá mais de 353.000 euros nas obras de clausura do vertedoiro de Meira

Sociedade 05/04/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia aprobou no Consello do 31 de marzo un acordo de colaboración técnico-financieira co concello lucense de Meira para proceder á execución das obras de adecuación, selaxe e clausura do seu vertedoiro. O proxecto, formulado pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ten por obxecto definir e valorar as obras que é preciso executar unha vez clausurado o vertedoiro, co fin de rexenerar o contorno natural e minimizar a contaminación producida pola descomposición dos residuos orgánicos. Estas obras teñen un prazo de execución de 4 meses.


Un operario apaga un dos centros emisores de Lugo, situado en O Páramo

O BNG demándalle a Industria axudas para comprar o receptor por satélite nas zonas de sombra da TDT

Sociedade 05/04/2010
  Envía a túa opinión

O BNG abandeirará unha iniciativa parlamentaria para tentar solucionar os problemas das zonas de sombra existentes na provincia de Lugo. Así, mediante unha demanda presentada polo portavoz deste partido no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, solicitaráselle ao Ministerio de Industria que estableza unha liña de axudas para a adquisición de equipos de recepción por satélite nas devanditas zonas onde non se pode ollar a TDT, principalmente situadas en concellos de Montaña.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros