Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Os rapaces comezan desde nenos a tomar contacto coa tradición

Os nenos tamén son protagonistas da Festa do Boi

Sociedade 10/06/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación Xan de Arzúa, organizadora da Festa do Boi, pensou tamén nos máis novos á hora de organizar tan especial festexo. Por iso, durante a tarde de hoxe os rapaces poderán gozar dunha festa infantil con inchables no Pavillón Municipal. Igualmente, está prevista unha merenda e a Carreira do Boi Infantil, unha proba que se repetirá o sábado.



Amaral actuarán o venres 26 en Ourense

As festas de Ourense contarán con Amaral, Manolo García, Aute, Budiño e Kepa Junkera como cabezas de cartel

Cultura 09/06/2009
  Envía a túa opinión

Achéganse as festas patronais de Ourense e xa se coñece o cartel. O martes 23 de xuño o Auditorio municipal ofrecerá ao vivo a Luís Eduardo Aute. O mércores 24 será o Día do Folk e a explanada do Campus universitario acollerá as actuacións de Xosé Manuel Budiño, Guezos e do vasco Kepa Junkera. Ao día seguinte, o xoves 25, no Pazo de Deportes Paco Paz actuará Manolo García e no Campus quenda do hip-hop con Trasnos do Moscoso, Delahoja, Tote King, Wöyza, Aíd e Slowlee.


Representación sobre a figura de Xan de Arzúa

O mal tempo non impediu que os alaricanos saísen ás rúas na tradicional procesión de Xan de Arzúa

Sociedade 08/06/2009
  Envía a túa opinión

O Domingo Histórico estivo protagonizado un ano máis en Allariz pola procesión de Xan de Arzúa, na que tomaron parte uns 300 veciños ataviados con roupas da época medieval. Unha cita tradicional e histórica que o director da representación teatral, José Luís Quintana, cualificou de positiva pola participación e implicación da xente, tanto de músicos como de autoridades civís e elclesiásticas.


Museo Muíño do Burato en Allariz

Os museos de Allariz pecharán durante a Festa do Boi

Cultura 08/06/2009
  Envía a túa opinión

Os museos de Allariz permanecerán pechados durante a fin de semana da Festa do Boi, é dicir, do venres 12 ao domingo 14 de xuño. A partir do luns os museos volverán abrir as súas portas no seu horario de inverno.


Festa do Boi de Allariz

Carreiras, actuacións musicais e o coñecemento histórico protagonizan a Festa do Boi

Cultura 03/06/2009
  Envía a túa opinión

Allariz celebra desde este sábado 6 de xuño e ata o 14 a Festa do Boi. Unha cita coa tradición e coa diversión que este ano se caracterizará polo equilibrio en canto a programación de actividades ao longo dos nove días de festexos, segundo aseguran desde a Asociación Cultural “Xan de Arzúa”, organizadora do evento. Ademais, haberá 20 actuacións musicais e darase a coñecer aos máis novos a orixe histórica desta celebración a través de diferentes actos. Tamén nenos e nenas de 5º de primaria do Colexio Padre Feijóo de Allariz realizarán o propio sábado un programa especial sobre a Festa do Boi na radio municipal.

 

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros