Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe da publicación

De Castro en Moaña

Cultura 03/03/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A colectánea poética De Castro, de Alba Méndez e Alberte Momán, presentarase en Moaña, mañá 4 de marzo ás 21:00 horas, na biblioteca de Quintela. A presentación inclúe un recital poético, que contará coa presencia de afiliadas da Asociación de Mulleres de Moaña recitando poemas de Rosalía de Castro, membros do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar (promotores da edición) e os e as poetas Lucía Novas, Asun Estévez, Anxo Ratel e Daniel Costas Currás.


José Blanco na Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

Recoñecemento ao Salón Internacional do Club de Gourmets

Sociedade 03/03/2011
  Envía a túa opinión

O ministro de Fomento José Blanco participou na Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada en Pontevedra. O seu departamento foi un dos finalistas aos Premios HG&T-Agaxet na categoría de conservación do patrimonio.


Aeroporto de Peinador (Vigo)

Obras por importe de 11 millóns de euros no aeroporto de Peinador

Sociedade 01/03/2011
  Envía a túa opinión

O Ministerio de Fomento, a través de Aena, aprobou a licitación das obras para a adecuación do campo de voos do Aeroporto de Vigo por un importe de 11.513.591,98 euros e un prazo de execución de doce meses. Este proxecto contempla unha serie de actuacións de mellora no campo de voos cuxo obxectivo é aumentar a seguridade aeronáutica e operacional do aeroporto de Peinador.


NCG vén de iniciar os trámites para a creación dun banco

Ramón Yáñez, profesor de Economía da UDC: “Cando se perdeu o vencello co territorio, xurdiron os problemas das caixas”

Sociedade 28/02/2011
  Envía a túa opinión

“Agora hai que volver ás orixes, porque se unha fortaleza teñen as caixas é operar nun territorio no que coñecen ben aos emprendedores, aos empresarios, á xente”. A fórmula que debe guiar a acción futura da entidade galega resultante da reforma do sistema financeiro ofrécea Ramón Yáñez, autor da obra “As relacións banca-industria en Galicia” (Laiovento), na que se denuncia a “expulsión do aforro galego fóra da nosa economía”, que viñeron practicando os bancos e caixas galegos. “As caixas funcionaron sempre en base ao principio de confianza”, lembra o profesor da Universidade da Coruña, crítico co “delirio expansivo” de entidades como a antiga Caixa Galicia “que se volveu contra eles”. Yáñez critica que, para abrir unha rede de oficinas alén da nosa Comunidade, se foi “agresivo na política de conceder créditos a grandes promocións inmobiliarias no Mediterráneo ou en Madrid, con condicións menores que aquí”. 


Cambio do litoral da ría nas últimas décadas

II Marcha contra os recheos na ría de Vigo

Sociedade 22/02/2011
  Envía a túa opinión

A rede de colectivos A Ría Non Se Vende convoca unha marcha manifestación para este domingo 27 de Febreiro, que sairá ás 12:00 da rotonda das áncoras de Bouzas e rematará na Laxe, onde se celebrará un xuízo popular contra @s responsábeis da Autoridade Portuaría de Vigo por estragar a ría.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros