Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Vista da central térmica de Meirama, en Cerceda

División no seo dos traballadores das centrais e dos ecoloxistas arredor do decreto do carbón

Sociedade 15/10/2010
  Envía a túa opinión

A marcha negra contra o decreto do carbón é agora máis gris. A división xurdiu no seo dos traballadores das centrais térmicas galegas logo de que o comité de empresa de Meirama anunciase que non secundará a concentración do sábado na Coruña canda os seus compañeiros das Pontes. Os de Cerceda coidan que a mobilización está politizada de máis e piden que, para dar peso político á marcha, sexa a Xunta quen se poña á cabeza da andaina e non os gobernos locais das vilas máis afectadas pola norma, controlados polo Partido Socialista. A fenda contrasta coa unanimidade dos grupos no Parlamento, que acordaron instar ao Executivo autonómico a que solicite á Moncloa a modificación do decreto. Pero tamén hai discrepancias entre os ecoloxistas que presentaron o manifesto “Dez razóns para pechar as térmicas do carbón”. Así, a Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural vén de comunicar a súa desvinculación do texto expresando que “a presentación nestes momentos deste manifesto é un apoio explícito ao decreto do carbón, cando ademais con este decreto vaise apoiar a extracción de carbón mais contaminante (subvencionado por todos nos no recibo da luz), que se queimará en centrais menos eficientes”. 


A sede da Real Academia da Lingua sitúase na rúa Tabernas da Coruña

María Xosé Bravo: “Aínda que se negue mesquiñamente, A Coruña está moi ligada ao galeguismo”

Cultura 14/10/2010
  Envía a túa opinión

“O libro galego moderno é unha creación coruñesa”. Esta sentenza -que defendeu a concelleira de Cultura herculina, María Xosé Bravo, nos micrófonos de Radiofusión- é o eixo central da mostra A Coruña na creación do libro galego, que se vén de inaugurar no Pazo Municipal e cuxas portas estarán abertas ata o día 21 de novembro.

 


Cataz da mostra

Centos de documentos e fotos completan a maior mostra de Luis Seoane no ano do seu centenario

Cultura 13/10/2010
  Envía a túa opinión

«Cen por cen Seoane». Este é o título da exposición que se inaugura na sede da Fundación caixa Galicia, o venres 22 de outubro. Trátase da maior das mostras adicadas ao creador Luis Seoane no ano que se conmemora o centenario do seu nacemento. Configúrase en cen seccións que amosarán a riqueza da complexa personalidade deste creador plástico, promotor de empresas culturais, deseñador, editor, escritor e xornalista. Coproducida canda a Fundación Luís Seoane coruñesa poderase visitar ata o 30 de xaneiro.


A pista e arredores de Alvedro (Fotografía: Victor Echave)

A polémica ampliación de Alvedro a debate

Sociedade 12/10/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A ampliación do aeroporto de Alvedro (Culleredo A Coruña) debateráse nun acto convocado para este xoves ás 21 horas na Fundación Caixa Nova da Coruña. Intervirán o secretario executivo de ADEGA Fins Eirexas, o avogado Xosé Antón Pérez Lema e unha representación da plataforma de afectados. Proxectaráse un video sobre o tema. O proxecto suporá a ampliación da pista en 400 metros e a  demolición, total ou parcial, de 46 casas. En total, obrigará a expropiar 200.000 metros cadrados de terreo repartidos en 250 parcelas.


Vista da ría de O Burgo

Demandan o saneamento da ria de O Burgo

Sociedade 10/10/2010
  Envía a túa opinión

Unhas 200 persoas participaron este domingo nunha concentración "lúdico-festiva" no Burgo (Culleredo A Coruña) para esixir a sanción aos causantes das verteduras á ría, o remate do seu saneamento integral e a acometida dun plan consensuado de rexeneración ambiental.  No acto, organizado pola Plataforma en Defensa da Ría, participaron distintos representantes dos 30 colectivos que integran esta asociación, así como representantes do BNG ou Esquerda Unida da localidade, tal e como indicou o presidente da Asociación Veciñal O Noso Burgo e membro da Plataforma, Ramón Sixto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros