Duas lanchas de pasaxe encherán os veciños-as de Maniños (Fene A Coruña) na festa do Carme do 15 de xullo. A procesión, unha ofrenda florar, as pezas do mediodía e a verbena completarán a xornada.
O primeiro de xullo de 1934 festexouse por todo o alto en Barallobre. Inaugurouse naquel dia o Monumento ao Camiñante Descoñecido. A Liga de Amigos de Barallobre celebra, na tarde do sabado 7 de xullo, a Romería do Camiñante Descoñecido. As cinco e media celebraráse a ofrenda floral no Monumento. As oito da tarde serviráse unha sardiñada no campo da festa. A xornada rematará cunha verbena.
O colectivo Cadelasverdes, formado por tres arquitectas, Ana Amado, Marta Marcos y Luz Paz, presenta mañá na Galería Sargadelos de Ferrol un proxecto artístico ben novidoso e atractivo. Denomínase Spanish Dream. Un proxecto que nace dunha reflexión crítica desde a arquitectura, sobre a crise económica no Estado español. Xa o título alude ao American Dream (o soño americano) como símbolo dos desexos deste país: ter unha vivenda en propiedade.
O musico galego- bercián, Amancio Prada, pechará este ano a semana previa ao 25 de xullo, os actos institucionais do Concello de Fene con motivo das celebracións do Dia de Galiza. Amancio Prada pechará esa semana cun concerto na praza do concello o 20 de xullo, ás 22.00h. Confirmóuno esta mañán a edil de Cultura, Rocío Bértoa. A última vez que Amancio Prada actuóu en Fene, fíxoo na igrexa parroquial de San Salvador.
Navantia Ferrol acolleu este mércores, 4 de xullo, ás 17,43 horas, coincidindo coa pleamar, a botadura do segundo e último dos buques anfibios que o estaleiro constrúe para a Mariña de Australia, o 'ALDH Adelaide'. A madriña do buque na botadura foi Maureen Banks, segundo informou a empresa pública. Os traballadores da factoria desplegaron pancartas reclamando novos contratos e arreciaron as súas protestas no momento da chegada ao lugar do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.