Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Casa do Concello de Ordes

Un motorista morre tras chocar contra un autobús escolar en Ordes

Sociedade 25/09/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

 Un home faleceu esta mañá tras chocar a moto que conducía contra un autobús de transporte escolar na localidade coruñesa de Ordes. Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar ás 8.34 horas desta mañá na estrada que une Ordes e A Coruña, no lugar de Merelle, cando a moto chocou contra o autobús e introduciuse debaixo deste, quedando o motorista atrapado.


As cisternas esparexendo o leite este mediodia

O leite para regar as leiras

Sociedade 23/09/2009
  Envía a túa opinión

60.000 litros de leite recollido en 300 explotacións das comarcas de Xallas, Arzúa, Ordes, Compostela e Costa da Morte verquéronse este mediodia nas leiras da parroquia de Nemenzo en Santiago de Compostela. 14 cisternas participaron nesta acción de protesta organizada polo Sindicato Labrego Galego. Reclaman un prezo xusto para o leite como forma de garantir o futuro do sector. 


Concentración en defensa da sala Nasa na Praza do Obradoiro

A sala NASA abre temporada o 18 de setembro coa compañia Sapristi

Sociedade 16/08/2009
  Envía a túa opinión

A sala NASA (Nave de Servicios Artísticos) adiantará a apertura da temporada para o 18 de setembro, cando presentará o espectáculo da compañía Sapristi, Vaia tormenta!  nos seus locais da rúa de San Lourenzo 51-53 en Santiago de Compostela. Os xestores do espazo escénico xa presentaron no Concello no pasado mes de xullo os planos e o proxecto completo da obra realizada para mellorar a accesibilidade do local.


Guillerme Vázquez esta tarde no stand de Radiofusión

Guillerme Vázquez:: Non van conseguir acabar co idioma galego

Sociedade 25/07/2009
  Envía a túa opinión

Temos dereito a expresarnos na nosa lingua e os nacionalistas advertimos que non van conseguir acabar co idioma galego, afirmou o voceiro do BNG Guillerme Vázquez esta tarde nos micrófonos de Radiofusión, no transcurso do programa especial realizado dende Santiago de Compostela, neste 25 de xullo, Dia da Patria Galega. O dirixente nacionalista tamén fixo fincapé na urxente necesidade de adoptar medidas para atacar a crise económica.


A cestaría figura entre as disciplinas a exposición na mostra de obradoiros

O talento artístico da comarca reúnese en Frades

Cultura 17/06/2009
  Envía a túa opinión

O Centro Cultural de Frades daralle abeiro a partir do vindeiro luns, día 22, á III Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes. Pintura, debuxo, cestaría e moitas outras disciplinas terán cabida na exhibición dos traballos dos participantes nos obradoiros municipais e cursos de artesanía. Dentro das actividades para a vindeira semana, o Concello ordense anunciou que acollerá o día 24 o circuito científicio "Coida da Terra", que ao día seguinte trasladarase a Mesón do Vento. O contido polo miúdo destas actividades figura na crónica falada adxunta que achega a emisora municipal.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros